Nova proba de madurez superada polo CD Lugo B

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“El equipo fue capaz de adaptarse a lo que exigía el partido”

CD LUGO B 3 – CONXO 2

O Lugo B sumou os tres puntos en xogo ante o Conxo nas Gándaras, nun partido no que os de Iván Alonso souberon adaptarse ao que requiría o xogo en cada fase do encontro.
De inicio a posta en escena foi boa, con intensidade e dando máis sensación de perigo. Deste xeito chegou o un a cero ao cuarto de hora, un gol que asinou Jairo ao rematar un bo centro de Brian.
Co marcador a favor os lucenses déronlle pausa ao xogo, maniatando a un Conxo que tan só puido chegar aos dominios de Demetrio nalgunha acción a balón parado e con saques longos do seu porteiro.
Tralo descanso o Lugo B perdeu un pouco máis o control do partido á vez que o fútbol directo e as segundas xogadas ían gañando protagonismo.
Nunha acción deste tipo, tras unha disputa no medio campo, o Conxo conseguiu enlazar co seu dianteiro e este asinou o momentáneo empate a un.
Lonxe de virse abaixo ou acusar o golpe, a reacción lucense foi moi boa e contundente. Primeiro co dous a un, tan só seis minutos despois, cun centro chut de Pérez dende a banda, e a falta dun cuarto de hora unha presión de Manu aos centrais terminou cun gol a pracer do dianteiro lucense.
Na recta final o Conxo recortou distancias, pero o Lugo B fíxose forte para manter a vantaxe ata o asubío do colexiado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu