Nova dose de aprendizaxe da Residencia na Liga Galega

En Infantil, Liga Galega

Viaxe longa para disputar un partido marcado polo gol inicial dos locais

Nova dose de experiencia para a Residencia na liga Galega tras medirse co Riveira nun partido marcado antes de empezar pola longa viaxe que tiveron que afrontar os de Kaiser.
Froito diso non entraron ao encontro coa intensidade das últimas citas e sufriron sen o balón ante un Riveira máis intenso que inaugurou o marcador aos sete de xogo, de novo tras encaixar a Residencia un gol a balón parado esta tempada.
Aos poucos os de Kaiser foron recuperando o pulso, pero o mando no marcador xa o tiñan os locais. Xa na segunda parte, nada máis empezar, un mal despexe deixou a un punta local nun man a man con David, que non puido facer nada para evitar que o Riveira puxese terra polo medio e rumbo fixo cara aos tres puntos.
A entrada de Fío deulle aire fresco á Residencia, gañou en varias ocasións a liña de fondo pero os seus centros non atoparon rematador, mentres que o tres a cero final chegou tras unha falta directa lanzada mentres David colocaba a barreira, xa no tempo de desconto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu