Nova alegría para o Foz nunha xornada que alonga o pulso entre Xove e Lugo

En Prebenxamíns, Primeira División

Xove Lago e Lugo seguen cumprindo puntualmente coa súa obriga de gañar para manter viva a loita polo título provincial. Os dous volveron gañar e igualan a 30 puntos no alto da clasificación, a tres xornadas para o final. Os de Kiko Rey amarraron a vitoria nos primeiros vintecinco minutos do partido contra o Viveiro, que chegou ao descanso con 0-4. Na segunda metade as forzas equilibráronse. A batuta en ataque levouna Carlos, con catro tantos. Para o Lugo, a vitoria tivo un guión distinto, xa que foi na segunda metade cando decantaron un partido equilibrado na primeira, 1-1.
Tamén sumou os tres puntos a Residencia, que quedou con todo o botín nun partido vibrante, con alternativas para os dous equipos, ante o Ribadeo. Os mariñaos buscaron ata o final unha vitoria que se lles vén resistindo, pero a moeda caeu do lado branquiazul nos intres finais.
A fin de semana completouse co triunfo do Foz ante un Sagrado Corazón que amosou moi boas maneiras na segunda parte. Os de Asier reencontráronse coa vitoria despois de catro xornadas.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu