Nos primeiros dez minutos o Calasancio quedou KO

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Un comezo nefasto deixou o partido decidido nos primeiros dez minutos ”

AROSA 2 – CALASANCIO 0

O Calasancio cedeu os tres puntos en xogo ante o Arosa nun partido marcado pola posta en escena na que os locais puxeron terra polo medio no marcador con dous goles nos primeiros dez minutos.
A partir de aí, o Arosa fíxose forte en defensa e aínda que o Calasancio mellorou e dispuxo dalgunha ocasión antes do descanso, non puido recortar distancias na primeira parte.
Xa na segunda parte os de Cordas deron un gran paso á fronte e coa entrada de Román tiveron máis presenza en ataque. Tamén debutou Cobo, que chega do Quiroga e tivo unha destacada participación.
Ao Calasancio resistíuselle o gol que lles metese de cheo na loita polos puntos, pese a dispoñer de claras ocasións nuns segundos corenta minutos nos que foron superiores, pero non puideron co lastre do inicio do partido.
Ningún dos sete últimos da clasificación logrou puntuar, polo que se manteñen as diferenzas na parte baixa.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu