Noel e Manu deciden na terceira vitoria consecutiva do Viveiro

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

LUCHI – Viveiro CF

“Resultado justo en un partido en el que sufrimos un poco al final”

VIVEIRO CF 3 – R.FERROL 1

Terceira vitoria consecutiva para un Viveiro que suma 15 dos últimos 18 puntos en xogo na Liga Galega cadete. Os de Luchi asinaron os tres últimos ante o Rácing de Ferrol nun partido no que, de novo, Manu Río e Noel desnivelaron a balanza a favor dos celestes.
Nos primeiros minutos o Viveiro meteu no seu campo aos ferroláns pero aínda así, xogaban coa defensa moi adiantada, o que deixaba espazos para que os dous puntas celestes tivesen espazos entre a defensa e a portería.
Noel puido facer o un a cero ao dispoñer dun man a man, pero na segunda ocasión que tivo, tamén ao explotar a súa velocidade nun balón ao espazo, fixo o primeiro gol.
A partir de aí o Viveiro perdeu un pouco o control do xogo, xa que se entrou nunha fase na que predominaba o fútbol directo. Os visitantes intentaron crear perigo en accións a balón parado, pero a defensa local mantívose sobria con Albert dirixindo ao equipo.
Tralo descanso chegou moi pronto o dous a cero, nesta ocasión por medio de Manu Río, pero tan só dous minutos despois, o Rácing de Ferrol recortou distancias nun dos poucos despistes defensivos dun Viveiro no que Juan retirouse lesionado e quedouse con dez trala expulsión de Albert por dobre tarxeta amarela. Os celestes tiveron que replegarse para manter a renda e esperaron a súa ocasión para sentenciar o partido cunha contra que finalizou Noel a dous minutos para o final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu