Nada que reprochar ao Lugo B cadete

En Cadete, Liga Galega, Principal

O CD Lugo B espertou do soño no tempo de desconto ante un Bertamiráns moi físico e que aínda non coñece a derrota

O Lugo B espertou do soño dos puntos no tempo de desconto co dous a tres final co que se impuxo o Bertamiráns nas Gándaras.
Coñecíase a esixencia do encontro antes de empezar, principalmente polo potencial físico do rival, pero o Lugo B, dirixido neste encontro por Quiroga ante a ausencia de Edu Rodríguez, demostrou desde os primeiros minutos que sería competitivo.
O Bertamiráns é un dos poucos equipos invictos na liga Galega cadete, e posiblemente o máis físico da competición, con xogadores fortes de segundo ano e con potencia e calidade en punta.
O Lugo B saíu con vida dos primeiros minutos nos que puido chegar o cero a un. Pero aos poucos foron saíndo da presión rival e ao cuarto de hora Freire, o mellor xogador do encontro, serviu o un a cero a Borja.
Os lucenses gañaron en confianza, pero seis minutos despois o Bertamiráns empatou con fortuna, xa que tras un lanzamento de falta, o balón rebotou na barreira e desviou a traxectoria sen que Jacobo puidese facer nada.
Antes do descanso volveu funcionar a conexión Borja- Freire, peiteando o balón o nove e rematando nesta ocasión a xogada o extremo para deixar o dous a un ao final da primeira parte no marcador.
Na segunda metade o Lugo B replegouse ante un Bertamiráns que mantivo a esixencia física e que empatou ao culminar unha contra para asestar a estocada definitiva no tempo de desconto espertando ao Lugo B do soño dos puntos nos últimos instantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu