Mostra de orgullo tardía do Polvorín en Ferrol

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Nunca hay que desanimarse, siempre hay que creer y pensar que es posible”

RC FERROL 3 – EF POLVORÍN 0

O Polvorín volveu comprobar en primeira persoa que a Liga Galega non espera por ningún equipo. Os de Caballero tiveron unha discreta posta en escena, con falta de intensidade, e cando se quixeron dar conta o marcador era de dous goles a cero para o Rácing de Ferrol cando tan só se chegara ao ecuador da primeira parte.
A partir de aí os lucenses tiñan dúas opcións, deixarse levar e saír goleados de Ferrol ou dar un paso á fronte e demostrar o seu potencial. Os amarelos optaron pola segunda vía, a máis complicada pero tamén a máis real para este equipo.
David dispuxo da primeira ocasión clara para poder recortar distancias, xusto antes de ter que abandonar lesionado o terreo de xogo.
Á marxe deste contratempo, as sensacións coas que chegou o Polvorín ao descanso eran boas.
Nos vestiarios Caballero reactivou ao equipo coa charla e o Polvorín ofreceu a súa mellor versión. Serios en defensa, roubando e xerando perigo, sobre todo a balón parado con execucións de Samuel coas que roldaron a portería local, pero o premio do gol resistiuse e o Rácing de Ferrol respirou co tres a cero na recta final dun encontro no que a pegada nos últimos metros marcou o resultado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu