Montirón despediu a Liga Galega infantil pola porta grande

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte, Principal

CABALLERO – EF Polvorín

“Muy buen partido para despedir la temporada contentos en nuestro campo”

EF POLVORÍN 5 – 11 CABALLEROS 2

O Polvorín disputou o seu último encontro na Liga Galega infantil en casa antes de despedir a tempada a próxima xornada ante o Galicia Caranza en Ferrol. Os de Caballero fixérono ante o 11 Caballeros coa vitoria máis ampla do curso, co catro a un final.
Un resultado xusto malia que o Polvorín xogou case unha hora en inferioridade numérica.
A boa posta en escena tivo a súa recompensa moi pronto co un a cero que asinou Javi nada máis empezar, ao rematar un centro de Lucas.
O Polvorín monopolizou o balón, pero aos poucos foi perdendo a intensidade ao verse superiores. Pasada a media hora de xogo chegou a expulsión de Diego Vázquez, por unha entrada a destempo.
Lonxe de supoñer un problema, o Polvorín mellorou, xa que pechou filas e Lucas e David levaron o marcador ata o tres a cero antes do descanso. Na segunda parte, con 4-4-1, Lucas fixo o catro a cero moi pronto, mentres que o partido rompeuse na recta final con dous goles visitantes e o de Jose, co que se pechou o marcador no cinco a dous final.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu