Monterroso, Becerreá, Sagrado e Ferroviaria loitarán por un posto no Provincial

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica

A Residencia estará no Provincial cadete

 

RESIDENCIA 8 – PALAS 0

A Residencia defenderá o título Provincial cadete tras asegurar o pase á segunda fase esta xornada, ao impoñerse na Cheda ao Palas. Os de Adrián Suárez cumpren deste xeito o primeiro obxectivo da tempada, pero por diante aínda teñen o Provincial e alcanzar unha praza na próxima fase de ascenso á Liga Galega cadete.
Ante o Palas os capitalinos fixéronse co mando a partir da posesión do balón desde os primeiros minutos ante un Palas moi ordenado e que mantivo o cero a cero inicial no marcador ata o ecuador da primeira parte, cando Hernández fixo o un a cero.
Antes do descanso a Residencia ampliou a vantaxe ata o tres a cero cos goles de Martín Iglesias e Martín Bena.
Xa na segunda ,co paso dos minutos a diferenza no marcador foise ampliando ata chegar ao definitivo oito a cero na Cheda.

 


 

A Ferroviaria alzou o voo na seguna parte ante un competitivo Antas

 

FERROVIARIA 8 – ANTAS 0

Terceira vitoria da tempada para unha Ferroviaria que encadena dous encontros sen perder tras empatar co Ribela e impoñerse ao Antas en Frigsa.
O partido foi igualado e entretido mentres as forzas físicas estiveron igualadas, e iso sucedeu ao longo de toda a primeira parte.
Ao descanso o marcador reflectía un axustado dous a cero, diferenza que se foi ampliando co paso dos minutos na segunda parte ata o definitivo oito a cero, propiciado en parte polo cansazo do Antas ante unha Ferroviaria con máis efectivos e máis forte fsicamente.
Na próxima xornada a Ferroviaria medirase co Palas e o Antas, que descansa a vindeira fin de semana, pechará a primeira fase desta competición ante o Ribela en Sarria e logo comezará a prepararse para as previas da Copa.

 


 

O Monterroso xa é cuarto clasificado 

 

MONTERROSO 2 – ABUÍN 1

A falta de dúas xornadas para o final da primeira fase, o Monterroso asaltou o cuarto posto da clasificación, o que marca o corte cos equipos clasificados para o Provincial cadete. Os de Brais Vázquez suman cinco vitorias consecutivas, a última ante o Abuín nun partido máis disputado que vistoso. Ao descanso mantíñase o cero a cero inicial, mentres que na segunda parte tralo un a cero de Santoalla, empatou Jorge para o Abuín, pero no tempo de desconto Martín transformou un lanzamento de falta directa para facer o un a dous final.

 


 

O Polvorín asina o primeiro obxectivo

 

BECERREÁ 1 – POLVORÍN 6

O Polvorín cumpriu o primeiro obxectivo da tempada ao clasificarse para un Provincial para o que o Becerreá buscará o pase nas dúas últimas xornadas. No Municipal a primeira parte disputouse de poder a poder, pero a pegada foi para os capitalinos, que levaron o marcador ata o 0-2. Na segunda pese a recortar distancias o Becerreá, co 1-3 o partido quedou visto para sentenza.

 


 

A Sarriana, a un paso do alirón

 

SARRIANA 4 – SAGRADO CORAZÓN 0

A Sarriana, xa clasificada para a segunda fase, buscará nas dúas últimas xornadas afinar a súa posta a punto e de paso acadar o título zonal.
Ante o Sagrado Corazón o partido estivo marcado polo un a cero de Abella aos dez minutos. Os capitalinos estiveron ben, pero no ecuador da primeira metade chegou o dous a cero. Xa na segunda metade, co tres a cero o partido perdeu moita intensidade.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu