Moi boa imaxe do Calasancio ante todo un Choco

En Infantil, Liga Galega

O un a cero moi cedo obrigou aos monfortinos a remar contracorrente

O Calasancio tiña en Redondela unha das súas visitas máis esixentes nesta primeira fase da tempada, xa que se medía a un Choco chamado a estar entre os mellores equipos de Galicia.
Desde os primeiros minutos as formulacións quedaron claras. O Choco monopolizou a posesión ante un ordenado Calasancio que encaixou moi pronto o primeiro gol. Aínda non se cumprira o cuarto de hora cando o conxunto local se adiantou.
Nacho e Lamus tiveron as ocasións máis claras para o Calasancio na primeira parte, pero ao descanso chegouse con dous a cero tras un disparo desde fóra da área. Xa na segunda parte o Calasancio xogou máis en campo rival e competiu de poder a poder ante un gran rival pese a non poder recortar distancias.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu