Milagrosa, Ribadeo, Xove Lago e Lourenzá ocupan os primeiros postos

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica

Táboas a todo en Montirón

 

EF POLVORÍN B 2 – SAN CIPRIÁN 2

Xusto empate no Polvorín nun encontro igualado en potencial, actitude, goles e resultado final.
Os mariñaos sempre levaron a iniciativa no marcador, primeiro co cero a un que asinou Ifrán. Un gol que tivo a súa resposta por parte dos de Mejuto antes do descanso, ao empatar o encontro Alberto tras aproveitar o rexeite de poste tras un disparo afastado de Joselu.
Xa na segunda parte o San Ciprián reclamou un penalti sobre Mario, pero os de Chumi tiveron que esperar a que o propio Mario asinase o momentáneo un a dous ao enviar ao fondo da portería un balón solto no área local.
Na recta final o Polvorín foise con todo ao ataque en busca do empate, pero o San Ciprián mostrouse sólido cunha defensa liderada por Ifrán, que tan só fixo augas nunha ocasión, na que Alberto volveu demostrar que é o máis listo da clase ao aproveitar outro rexeite para asinar o dous a dous final a cinco minutos de cumprirse o tempo regulamentario.

 


 

Ladra deulle os tres puntos ao Viveiro B

 

VIVEIRO B 1 – RC VILLALBÉS B 0

O Viveiro B impúxose ao Villalbés B no duelo de filiales da competición. Un partido no que os mariñaos foron superiores, pero só o puideron plasmar no marcador cun solitario gol de Ladra aos cinco minutos de xogo. O Villalbés B intentou reaccionar cun cambio de sistema, pero a posesión e a iniciativa no xogo foi para o Viveiro B ao longo dos oitenta minutos nos que se mantivo a emoción polo axustado do marcador.

 


 

O Ribadeo segue indo moi en serio

 

SD RIBADEO 9 – PORTO BURELA 2

O Ribadeo segue asinando encontros cos que invita a soñar con cotas moi altas esta tempada. O último deles ante o Porto de Burela nun partido que os locais desnivelaron dende os primeiros minutos co cinco a un co que se chegou ao descanso. Unha nova mostra de potencial chegou na segunda parte coa entrada de Miguel dende o banco, pero o punta celeste terminou cun hat trick para levar o marcador ata o nove a dous final.

 


 

A Milagrosa segue sen dar opcións e mantén o pleno de puntos en xogo

 

RESIDENCIA B 0 – MILAGROSA 6

Seis partidos e seis vitorias para unha Milagrosa que segue mostrándose intratable neste inicio de tempada.
Na Cheda a primeira parte disputouse de poder a poder, pero a eficacia correu a cargo dos de Madriles con dous goles nos primeiros minutos.
A Residencia B tamén tivo as súas ocasións, pero non acertou ante Gorka e na segunda parte o partido rompeuse por completo co tres a cero, que levou a firma de Buján, o mesmo que o cuarto, quinto e o sexto gol asinando un póker de goles o dianteiro da Milagrosa.
A Mila viaxará a San Ciprián a próxima xornada e a Residencia a Xove.

 


 

A pegada do Xove decantou o partido

 

FOZ 2 – XOVE LAGO 3

O Xove Lago levouse os tres puntos de Foz nun partido marcado pola maior pegada dos visitantes. Os visitantes inauguraron o marcador por medio de Marcos, pero nada máis sacar de centro o Foz devolveu as táboas ao marcador.  Na segunda parte, de novo Marcos puxo por diante ao Xove, que ampliou a diferenza por medio de Diego.  Sen baixar os brazos o Foz recortou distancias cun gol de Miguel e asediou a portería rival ata o asubío final en busca do empate.

 


 

Adnan e Aarón os artífices da vitoria

 

CASTRO 0 – LOURENZÁ 1

O porteiro laurentino Adnan e o punta Aarón foron os nomes propios deste encontro no que ao Castro a fortuna volveulle a dar as costas.
Ao descanso chegouse con superioridade local, pero con cero a cero no marcador, mentres que na segunda parte Adnan detivo ata dous lanzamentos de penalti do Castro e Aarón terminou por axustizar aos chairegos co único gol a cinco minutos do final tras una boa contra.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu