Resumo e fotos do Grupo Sur xuvenil con Mila e Resi a fronte

En Grupo Sur, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O Sagrado Corazón tira de pegada

 

SAGRADO CORAZÓN 4 – TABOADA 2

O Sagrado Corazón quedouse cos tres puntos en xogo nas Gándaras nun partido marcado pola pegada dos capitalinos na primeira parte e pola reacción sen culminar do Taboada na segunda.
De inicio os locais levaron o peso do xogo e plasmárono con goles no marcador.
O un a cero asinouno Gundín ao aproveitar un balón ao espazo de Rubén tras un roubo de balón. O segundo foi por medio de Muinelo tras unha acción de estratexia, e o terceiro antes do descanso selouno Rubén ao rematar un centro de Gundín.
Con máis pegada que fútbol o Sagrado Corazón foise ao descanso co partido case sentenciado, xa que tralo paso polos vestuarios a reacción do Taboada volveulles a meter na loita polos puntos.
Quintás recortou distancias ao transformar un penalti e pouco despois fixo tamén o tres a dous.
Con máis dun cuarto de hora por diante ao Sagrado Corazón entráronlle as dúbidas, sobre todo tras quedarse con dez xogadores trala expulsión de Hugo a cinco minutos do final.
Neste tempo esperábase un asedio do Taboada, pero Gundín despexou as dúbidas ao sentenciar o encontro co definitivo catro a dous.

 


 

A Milagrosa tivo paciencia para derrubar o entramado defensivo do Quiroga

 

MILAGROSA 8 – QUIROGA 2

A Milagrosa volveu á senda da vitoria trala xornada de descanso e o empate a un conseguido na Ribela para manterse no máis alto da clasificación logo de impoñerse ao Quiroga en Frigsa.
Os de Joaquín armáronse de paciencia no tramo inicial no que tomaron o mando do partido a partir da posesión do balón, pero o un a cero fíxose de rogar.
David Losada pasado o ecuador do primeiro tempo fixo o primeiro, mentres que Martín e Anxo levaron o marcador ata o tres a cero ao descanso.
O Quiroga ao encaixar o terceiro gol baixou os brazos xusto antes de chegar ao descanso, polo que os segundos corenta e cinco minutos fixéronselles un pouco longos.
Co paso do partido a diferenza foise ampliando malia que Brian e Adri, cos seus goles, conseguiron que a diferenza final fose de seis goles.

 


 

O empate non serve a ningún dos equipos

 

SARRIANA 3 – POLVORÍN 3

As táboas na Ribela fan perder posicións na táboa a Polvorín e Sarriana, que ata esta xornada ocupaban a terceira e cuarta posición. Os amarelos dominaban ao descanso  0-2, pero na segunda metade os locais obraban a remontada cos goles de Diego, Venezuela e Arias. Bilal facía o empate a cinco para o final, tempo no que Yaguito e Anás tiveron nas súas botas a vitoria do Polvorín.

 


 

Remontada do  Palas en Montirón

 

SAN ROQUE 2 – PALAS 4

O Palas impúxose en Montirón tras remontar o un a cero co que se adiantaron os locais por medio de Mauro. Pouco despois Xesús devolveu as táboas ao marcador e Anxo, cun golazo de falta directa, fixo o un a dous. Antes do descanso Xesús selou o un a tres. Na segunda parte Orosa deulle emoción a un partido que sentenciou Rodri nos minutos finais co dous a catro.

 


 

Veloso dirixiu a reacción ao grande

 

MONTERROSO 2 – RESIDENCIA 12

A Residencia impúxose con moita autoridade en Cerceiriños nun partido no que o Monterroso chegouse a adiantar ata en dúas ocasións, co un a cero aos dous minutos e co momentáneo dous a un. A partir de aí, Veloso, que terminou con cinco goles, dirixiu a exhibición dunha Residencia que demostrou todo o seu potencial.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu