Milagrosa, Residencia, Lourenzá e Burela gañan na xornada inaugural do Provincial xuvenil

En Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Milagrosa toma vantaxe na carreira polo Provincial

 

MILAGROSA 3 – SAGRADO CORAZÓN 2

A Milagrosa empezou con bo pé na loita por un posto na fase de ascenso á Liga Galega xuvenil. Os da Frigsa que nesta Segunda Fase contarán con Manolo Couso no banquiño, acusaron a falta de encontros das pasadas semanas e suáron para levarse os tres puntos.
O Sagrado saíu coas ideas máis claras ao campo, pero o encontro viuse condicionado xa no minuto cinco, coa expulsión de Álex por un agarron a Martín cando ía só cara a portería. Desa falta naceu ademais o 1-0, obra de Fran, polo que os branquiazuis tiveron que remar contracorrente o resto do encontro.
Pese a iso o traballo dos de Brais foi espectacular en defensa, minimizando as chegadas da Milagrosa, e incluso fixeron, por medio de Rubén, o gol do empate antes do descanso.
Na segunda metade a Milagrosa volveuse entonar e adiantouse de novo grazas a un lanzamento de falta, esta vez de Ander. O Sagrado comezou a acusar o cansanzo e cedeu máis campo en busca dunha contra que os volvera meter no partido. Pero a quince minutos para o final chegou o terceiro gol local, dende os 11 metros, obra de Anxo,
Con tempo aínda por diante os branquiazuis recortaron distancias nunha contra por medio de Gundín, pero a Milagrosa aguantou as acometidas finais do Sagrado Corazón para levarse os tres puntos no partido inaugural deste Provincial.
A vindeira fin de semana os da Frigsa visitan ao Porto de Burela, que tamén comezou con vitoria. Pola súa banda o Sagrado buscará sumar os primeiros puntos ante o Lourenzá.

 


 

A Residencia remonta o gol inicial do Castro e xa manda na clasificación

 

CASTRO 1 – RESIDENCIA 4

Os de Galán colócanse no máis alto da taboa trala primeira xornada do Provincial xuvenil. Os branquiazuis superaron a un Castro que comezou adiantándose por medio de  Torito tras un rexeite no borde da área. A alegría durou pouco para os locais, xa que aos 5 minutos Veloso e Artai adiantaban á Resi en dúas xogadas practicamente consecutivas pouco antes do descanso. Na segunda metade o Castro foise a polo empate e, pese a gozar de ocasións, non tivo sorte de cara a porta. Iso a proveitouno a Resi para sentenciar cos goles de Lucas e Veloso, este último xa no desconto.

 


 

Aksay marcou a diferenza no primeiro derbi mariñao da segunda fase

 

LOURENZÁ 1 – RIBADEO 0

Un gol do dianteiro local deu a vitoria ao conxunto laurentino nun intenso derbi entre terceiro e segundo clasificados do Grupo Norte xuvenil.
O aire condicionou dende o inicio un encontro de moito respecto entre ambos conxuntos e, por iso, de poucas ocasións.
O único tanto chegaba no minuto quince da primeira parte, unha contra que finalizaba Aksay tras un erro en defensa do Ribadeo. A partir de aí o dominio continuou a ser alterno e os de Salva buscaron o gol con máis corazón que cabeza, pero non foron quen de materializar as súas ocasións e o marcador non se movería.

 


 

Borja deu os tres puntos ao Porto Burela na segunda metade

 

PALAS 0 – PORTO BURELA 2

O Porto Burela, campión do Grupo Norte xuvenil, continúa sen coñecer a derrota esta tempada e sumou os tres puntos no primeiro encontro desta fase provincial ante o Palas.
Un partido moi intenso no que os locais puideron adiantarse por medio de Xesús, pero que remataba con 0-0 nos primeiros 45 minutos. Os goles chegarían na segunda parte, cun Burela máis asentado e con máis ritmo, fortes en defensa e buscando a súa oportunidade á contra, así chegaron ambos goles, obra de Borja. A partir de aí os mariñaos souberon aguantar ben atrás para levarse a vitoria no seu primeiro encontro neste 2018.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu