Milagrosa, Residencia e Ribadeo infantil, invictos

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

O Gol de Álex Goás foi madrugador

RESIDENCIA 1 – SD VIVEIRO 0

Un solitario gol de Álex Goás no primeiro minuto de xogo deulle os tres puntos á Residencia na Cheda ante o Viveiro na segunda xornada do Provincial infantil, marcada para os capitalinos pola volta de Luisito e Gabri, que competiron na Liga Galega infantil o primeiro tramo de competición co Lugo.
O un a cero tan cedo non cambiou o guión do encontro, xa que a Residencia continuou levando o peso do partido ante un Viveiro moi ordeado en defensa que agardaba a súa ocasión para facer dano á contra. Pero os de Jandri non conseguiron chegar con peligro aos dominios de Juanillo ata o descanso.
Na segunda metade a Residencia volveu á carga, pero sen o premio do gol malia dispoñer de ocasións, sendo as máis claras a cargo de Manu, Iván e Dani Pérez.
Co paso dos minutos mantíñase o dominio territorial da Residencia, pero o axustado do marcador seguía mantendo as opcións de puntuar por parte dun Viveiro que se mantivo a flote, pero que non puido xerar ocasións de perigo claras para rabuñar algún dos tres puntos en xogo.
Pleno para a Residencia nas dúas primeiras xornadas, na seguinte, recibirá a un Ribadeo que tamén conta con seis puntos. Pola súa parte o Viveiro recibirá a outro invicto, a Milagrosa B.

 


 

Os xogadores alevíns Moha e Diego desnivelaron o marcador final

 

PIRINGALLA 0 – CD LUGO B 3

O Lugo adiantouse nuns primeiros minutos de absoluto dominio, con varias chegadas e ocasións ante unha Piringalla que apenas conseguía saír do seu campo. Os locais  intentaron estirarse co paso dos minutos, pero a iniciativa seguía a ser dos albivermellos, que seguían despregando o seu xogo con comodidade. Faltáballes o acerto que lles deu a entrada de Moha, que debutou na categoría marcando o 0-2,  e Diego.   tamén alevín, que fixo o definitivo 0-3, selando a primeiro triunfo do Lugo na Promoción.

 


 

O Ribadeo vai moi en serio e chega pletórico ao duelo de invictos na Cheda

 

RIBADEO 5 – RC VILLALBÉS A 0

Triunfo avultado do Ribadeo ante un Villalbés ao que lle faltaron centímetros e resolución nas áreas. Os de Simón tiveron o seu primeiro contratempo no quecemento, coa lesión do porteiro Breixo, que os obrigou a comezar o encontro fronte ao equipo  con mellor media goleadora da primeira fase  con Pablo, dianteiro, na portería. Con todo, a primeira metade rematou con 1-0, tras un gol de Nico, e a segunda comezou cuns minutos de equilibrio.  O partido rompeuse coa aparición en escena de Álex, que marcou o 2-0 cun disparo seco desde a frontal. Despois, marcaría tres máis.

 


 

A Milagrosa tirou de oficio para levarse os tres puntos da Marosa ante o Burela 

 

PORTO BURELA 2 – MILAGROSA 3

Segunda vitoria da Milagrosa, que tirou de oficio para aguantar o 2-3 co que se puxo ao inicio da segunda metade. Ata daquela vírase un partido intenso e igualado, cun Burela mellor nos primeiros vintecinco minutos, gañando todas as disputas e chegando con perigo polas bandas, e unha Milagrosa que tomou as rendas no último treito da primeira metade. O resultado foi un 2-0 ao chegar o descanso. Na reanudación, aproveitando un mal despexe dos  locais, Nico puxo por diante á Milagrosa que, a partir dese momento, soubo xogar co resultado a favor. Con todo, nos intrés finais, Hugo Soto tivo a oportunidade de empatar de novo o encontro nun lanzamento de falta que o porteiro visitante evitou cunha boa intervención.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu