Milagrosa e Residencia manteñen o pulso no alto da táboa

En Grupo Sur, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Milagrosa asalta Montirón

 

POLVORÍN A 1 – MILAGROSA 4

A Milagrosa mantén o pulso coa Residencia e, ao igual que os da Cheda, continúan invictos con un empate e catro vitorias. A última fronte ao Polvorín en Montirón, onde os de Joaquín foron letais á contra para levarse os tres puntos.
Os amarelos trataron de levar o peso do encontro dende os primeiros minutos e os da Frigsa, cómodos esperando a súa oportunidade, atoparon o primeiro gol aos quince de partido, por medio de Andrés. A partir de aí o encontro entrou nunha fase de ida e volta con opcións para ambos e, pouco antes do descanso, nunha xogada moi protestada polos locais, de novo Andrés facía o 0-2 que poñia todo de cara para os visitantes.
Na segunda metade o Polvorín, que quedara con dez tralo segundo gol da Mila, tratou de manterse no partido, pero Martín á contra asinaba o terceiro para os albivermellos e Andres pouco despois marcaba o terceiro na súa conta personal. Antes do asubío final Anás conseguía o gol da honra para os locais.

 


 

A Residencia segue sendo eficaz de cara a gol e sumando de tres en tres 

 

RESIDENCIA 4 – SAGRADO 1

Ao igual que a pasada fin de semana, a Residencia tivo que remontar un gol rival en contra para sacar unha nova vitoria. Esta vez a vítima foi o Sagrado Corazón, que facía o 0-1 aos dez de xogo cun disparo dende a frontal de Muinelo. Aos locais entráronlles as présas e, tras varias ocasións, Veloso facía o gol do empate a cinco minutos para o descanso.
Na segunda metade a fortuna sorriulle aos de Dani Galán, que se atoparon co 2-1 ao pouco da reanudación nun man a man no que Fonseca batía a Kevin. O Sagrado, polo súa banda, buscaba volver entrar no encontro en accións á contra, pero o segundo tanto da Resi deulles confianza para ir a polo terceiro, obra de Veloso. Co partido xa de cara e a dez minutos para o final Artai facía o definitivo catro a un no Municipal da Cheda.
A vindeira fin de semana os branquiazuis visitan ao San Roque. O Sagrado Corazón buscará volver á senda da vitoria no Rodríguez Lago, onde recibe ao Becerreá.

 


 

Os goles chegaron na segunda metade

 

TABOADA 2 – SAN ROQUE 2

Tras unha primeira parte na que o San Roque buscou máis poñerse por diante, na segunda os verdibrancos fixeron o 0-1 por medio de Samu. Na seguinte xogada Fede devolvía as táboas ao marcador e, pouco despois, Elián volvía adiantar aos visitantes aproveitando un balón largo. O Taboada non desesperou e na última xogada Coto sacaba un punto para os locais.

 


 

Partido sentenciado na primeira parte

 

PALAS 8 – SARRIANA 0

Vitoria cómoda para o Palas, que saíu forte dende os primeiros minutos e encarrilou o partido con goles a balón parado.  Con 5-0 ao descanso a Sarriana gozou dos seus mellores minutos na segunda metade, pero os locais farían tres goles máis antes do asubío final. A vindeira fin de semana o Palas visita ao líder, a Milagrosa, mentres que os de Negrete reciben ao Taboada.

 


 

O Becerreá remonta con dez xogadores

 

BECERREÁ 3 – MONTERROSO 1

O Becerreá logrou a segunda vitoria da tempada tras sobrepoñerse ao tanto inicial do Monterroso e a unha expulsión na primeira metade. Pouco antes do descanso un gol en propia porta supoñía o empate. A boa saída local na segunda metade daba o 2-1, obra de Jose Antonio. Os visitantes puideron devolver as taboas cun balón ao pau antes de que Nacho fixera o terceiro e definitivo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu