Mila e Ribadeo loitarán por unha praza na fase de ascenso na última xornada

En Infantil, Infantil Autonómica, Provincial

Un partido separa á Residencia de Galega

 

RESIDENCIA 0 – MILAGROSA 0

Reparto de puntos entre Residencia e Milagrosa nun partido clave na loita polos dous primeiros postos. A Residencia buscaba asegurar o título provincial para proclamarse campioa e pensar xa na eliminatoria polo Ascenso, e a Milagrosa selar a clasificación como segunda.
O empate sérvelles aos branquiazuis pero non á Milagrosa, que terá que xogarse a segunda praza nun duelo directo co Ribadeo a próxima xornada na Frigsa.
O botín en xogo marcou o partido disputado o venres na Cheda, no que as defensas se impuxeron aos ataques.
O respeto mútuo propiciou un partido de moito centrocampismo e poucas ocasións de gol. As máis claras da primeira metade foron para os locais nun man a man de Gabri que parou Borja e noutro remate de Iván. A Milagrosa intentábao con centros á area e balóns á espalda de Rafa, pero sen poñer en apuros a Juan, moi seguro todo o encontro.
Na segunda metade mantívose a tónica. Cun punto máis de presión polos puntos, a Milagrosa empuxou máis na busca do gol, insistindo nas fórmulas que tan bo resultado lle teñen dado ao longo da temporada, pero o pasado venres non era o día para os de Madriles.
O empate aboca o Provincial a un intensa derradeira xornada cun partido a cara ou cruz polo Ascenso na Frigsa.
A Residencia, pola súa banda, chegará ao último encontro, ante o Lugo, como campión provincial. O reto para os branquiazuis é a volta á Liga Galega, que teñen a só un partido que se xogará en campo neutral, ao chegar á Fase de Ascenso como cabezas de serie.


 

 

O Viveiro buscou a remontada na segunda parte, pero quedou sen premio

 

PIRINGALLA 1 – VIVEIRO 1

A Piringalla entrou con bo pé no encontro e púxose por diante nun saque de esquina que rematou Longarela cando apenas se cumpriran dous minutos de partido.
Tras este revés inicial, o Viveiro asentouse no campo e fíxose co dominio do balón, aínda que sen crear excesivo perigo na área local. Con todo, á media hora Fustes igualou o encontro ao cabecear un centro de Mendaña desde a dereita.
O partido chegou igualado ao descanso e, á volta dos vestiarios, os celestes intentaron culminar a remontada. Mendaña tivo a mellor ocasión para lograla nun man a man co gardamallas local, pero o marcador xa non se moveu.

 


 

Táboas nun encontro con fútbol de alto nivel e dominio alterno na Magdalena

 

VILLALBÉS 2 – CD LUGO B 2

Táboas nun partido de alto ritmo e dominio alterno entre dous equipos cunha mesma proposta, buscar o control do partido a través da posesión.
Esta igualdade trasladouse ao marcador, no que os albivermellos tomaron vantaxe en dúas ocasións, primeiro cun remate de Iker tras unha xogada de Marco pola dereita, que tivo a resposta inmediata de Javi para o Villalbés, e, xa na segunda metade, cun tanto de Dani, con moito protagonismo ofensivo no encontro. Os locais, máis incisivos no tramo final, empataron de penalti despois de crear varias ocasións para logralo antes.

 


 

O Ribadeo chega coa puntería afinada ao duelo decisivo ante a Milagrosa

 

RIBADEO 4 – BURELA 1

O Ribadeo cumpriu ante o Burela o que lle permite chegar á última xornada con opcións de clasificarse para a fase de Ascenso. Coñecido o empate entre Residencia e Milagrosa, os ribadenses sabían que necesitaban a vitoria e saíron a buscala desde o inicio, marcando o ritmo do xogo e chegando con perigo á area visitante. Antes do descanso Moreda marcou o 1-0, e á volta, en  apenas dez minutos, deixaron o partido visto para sentenza con dous tantos máis. Os de Roberto aínda ampliaron a renda, co cuarto, antes de que o Burela maquillase o resultado cun gol de penalti.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu