Meritorio cuarto posto final do Rácing Villalbés

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

Os de Simón Lamas impuxéronse cun solitario gol de Iago Gesto e remataron a tempada cuartos con 60 puntos na Liga Galega cadete

 

RC VILLALBÉS 1 – DUMBRÍA 0

O Rácing Villalbés pechou a súa participación esta tempada na Liga Galega cadete cun notable alto, rozando o sobresaliente nun curso no que estiveron sempre no grupo de cabeza.A última vitoria, ante o Dumbría, cun gol de Iago Gesto na segunda parte, foi un fiel resumo do que foi a tempada para os chairegos.
Viuse un Rácing coas ideas claras, consciente en todo momento do papel que quería trazar e executar. Nesta ocasión, conscientes de que o Dumbría presentábase con tan só un cambio no Roca, os de Simón Lamas quixeron o balón e movérono con rapidez con posesións longas coas que foron desgastando físicamente ao seu rival, destacando o dominio do encontro por parte dos tres mediocentros do Villalbés.
Na primeira parte xa houbo ocasións para romper o cero a cero inicial co que se chegou ao descanso. Ata catro moi claras polos chairegos e unha polo Dumbría na que Noel conseguiu despexar o balón sobre a liña de gol.
Mentres que na segunda parte mantívose o guión ata que Iago Gesto, cun remate desde dentro da área, fixo o un a cero. A partir de aí o Villlabés dominou e ata puido aumentar a diferenza cun gol anulado a Candal e cunha boa ocasión de Javi, que tivo unha gran resposta do porteiro visitante. No treito final o Dumbría buscou o empate, pero o Rácing sacou a relucir a súa solidez defensiva.

“Este grupo de xogadores está preparado para seguir competindo en categorías superiores. Ogallá non perdan nunca a ilusión e a capacidade de sacrificio” SIMÓN LAMAS Villalbés

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu