Máxima igualdade para a recta final do Provincial xuvenil

En Principal grande, Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Milagrosa non concede ningunha tregua ao Líder

MILAGROSA 5 – RIBADEO 0

A Milagrosa segue metendo presión ao Rácing Villalbés B na loita pola primeira praza. Os de Manolo Couso, a dous puntos e co average en contra, non semellan dispostos a facer ningunha concesión máis ao lider de cara ás dúas últimas xornadas do campionato provincial, que descansa polo parón de Semana Santa.
Os milagrosistas vanse de vacacións con bo sabor de boca despois de sumar a súa décimo segunda vitoria na competición ante un Ribadeo que deixou no López Gorgoso as súas opcións de loitar ata o final pola terceira praza da clasificación.
A igualdade mantívose durante os primeiros vinte mnutos. A Milagrosa tiña o balón e xogaba en campo rival, pero non conseguía xerar ocasións ante un rival ben posicionado nese tramo inicial.
O gol de Anxo, cun disparo desde a frontal da área ao ángulo da portería, abriu a lata e puxo o encontro moi de cara para os locais. Á media hora de encontro, Sebas ampliou distancia cun remate de cabeza.
O Ribadeo tivo despois unha ocasión para meterse no encontro, pero Róber evitouno e, antes do intermedio, os locais deixarían o partido resolto con dous tantos maís, o segundo de Anxo e outro en propia meta.
Na segunda metade o Ribadeo tratou de saír ao campo coa cabeza alta. Os cambios déronlle un aire novo ao equipo, que non sufriu tanto ante o dominio dos locais, con menos pegada nos segundos corenta e cinco minutos.
Tras o parón, os de Manolo Couso visitan ao Foz no Municipal e o Ribadeo recibe no Pepe Barrera ao Castro na penúltima xornada.

 

O Castro refórzase cara ao sprint final

CASTRO 6 – POLVORÍN 3

O Castro foi o equipo máis beneficiado polos resultados da xornada en canto á loita pola terceira praza. O empate da Sarriana e a derrota do Foz dan azos aos de Brais Prados na intrincada loita pola terceira praza, que teñen a tres puntos.
Todo comezou coa súa vitoria ante o Polvorín, outro rival directo polo ascenso. Co 3-0 aos cincuenta minutos de encontro o triunfo parecía encarrilado para os locais, pero o marcador era demasiado castigo para os méritos dos amarelos, que tiveran máis balón e máis ocasións. A efectividade fora a baza do Castro, con moitas máis dúbidas sobre o campo das que presumía o marcador. Así, o 3-1 de Álex instalou na Fonte a sensación de que os visitantes poderían darlle a volta ao marcador. O 3-2 arrinconou máis aos chairegos. O 4-2 de Torito, cun golpeo desde fóra da área, déulles osíxeno pero non derrubou ao Polvorín, que se volveu achegar co segundo de Brais, 4-3. Os de Kubala seguiron insistindo e atopáronse ata en dúas ocasións coa madeira, que evitou os goles de Rubén ou Brais. Co partido completamente roto, o Castro volveu ser máis efectivo e Torito e Borja sentenciaron.

 

A Sarriana complica a súa clasificación

SARRIANA 2 – SAN CIPRIÁN 2

A Sarriana deixou ante o San Ciprián dous puntos que o situarían cun pé e medio na fase de Ascenso. Cos resultados da xornada, unha vitoria na Ribela darialles cinco puntos de vantaxe sobre os seus rivais pola terceira praza, e tiverona preto xa que se adiantaron por dúas veces, pero o San Ciprián, que precisa sumar para deixar a útima praza da táboa, igualou o marcador por dúas veces deixando o encontro en táboas. Un punto que sabe a pouco antes da visita ao Roca.
Porral abriu a lata cinco minutos antes do descanso pero, á volta dos vestiarios, a expulsión de Marco, que recibiu a segunda amarela, comezou a complicar o panorama para os locais, que deron un paso atrás. Diego Baltar igualou o encontro tras rematar unha xogada pola esquerda de Ivanilson. A Sarriana non perdera o balón, pero cometía máis imprecisións. O 2-1 de Abella nun lanzamento directo de falta déulles osíxeno, pero outro internada de Ivanilson, que desta vez rematou Hugo, deixou o marcador no definitivo 2-2.

 

Novo triunfo con suspense do Rácing

SAGRADO C. 1 – VILLALBÉS B 3

O Rácing Villalbés B segue a sumar de tres en tres e a descontar xornadas para o final da liga, que lidera con dous puntos de vantaxe sobre a Milagrosa.
Os chairegos presaxiaban a incomodidade do encontro, nas Gándaras e ante un equipo que non llelo puxera fácil no Roca, e, como prevían, tardou en decantarse.
Mois serios en defensa, os locais conseguiron conter aos racinguistas que, malia adiantarse axiña cun gol de Iago tras un pase de David Bermúdez, co paso dos minutos foron perdendo verticalidade. Así, o partido chegou ao descanso co 1-0.
Tras o paso polos vestiarios Platas igualou o marcador. O encontro entrou nunha fase de equilibrio, sen ocasións en ningunha das dúas áreas, e parecía abocado a resolverse nos detalles. E o Sagrado Corazón cometeu un erro nun saque de banda que lle costou o 1-2.
De novo por diante no marcador, e coa entrada ao campo dos xogadores que comezaron no banquiño, especialmente a entrada de Abel, o Villalbés foi a pola sentenza, volvendo xerar accións de peligro en transicións rápidas.
Gabriel, Martín, que fallou baixo paus, e Marco tiveron as ocasións máis claras antes de que, no tempo de desconto, Martín anotase cun remate de cabeza o 1-3 co que se pechou o encontro no Rodríguez Lago.

 

O Becerreá saca a cabeza 

BECERREÁ 3 – FOZ 1

Vitoria do Becerreá, que deixa as dúas últimas prazas da clasificación, sobre as que pende a sombra da previsible Segunda División autonómica de cara á vindeira temporada. Iso marcaba a importancia dos puntos en xogo para os locais ante un Foz, tamén urxido, coas miras postas na terceira praza.
Os locais foron ao descanso con 1-0 tras un gol de Damián nunha xogada individual. O Becerreá sacaba maior rédito das oportunidades da primeira metade na que o Foz estrelou un balón na madeira. Un espectacular remate á escuadra de Deiros ao inicio da segunda metade déulles tranquilidade aos locais, que ampliaron a renda cun gol de Nacho antes de que Álex Pita recurtase distancias. Os visitantes puideron meterse no encontro no arreón final, pero non atinaron e o partido rematou sen sobresaltos no Municipal.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu