Mal inicio de ano do Villalbés ante un rival directo

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Fea mañá de Reis”

O VAL 1 – RC VILLALBÉS B 0

Un gol de penalti privou ao Villalbés B de traer para a casa algo positivo de  Narón.O Val saíu mellor ao encontro e embotellou aos chairegos  no primeiro cuarto de hora, cando chegaron a sacar ata seis córners, pero as forzas fóronse equlibrando e, antes do final da primeira metade, os de Iván Lamas puideron adiantarse nun córner no que o árbitro anulou un gol de Seijas por falta. Na segunda metade o Villalbés afianzou o seu dominio do xogo no centro do campo con Nico no mediocentro e Ónega na media punta, pero non tivo a claridade suficiente para chegar con perigo á meta do equipo local, que si tivo a ocasión de marcar nun tiro ao pau. Pouco despois chegaría  o penalti que decidiu o encontro, nunha acción individual do dianteiro local que caeu na  área tras regatear a dous defensas do Vilalbés. Os de Iván Lamas tiveron a posibilidade de empatar o encontro nunha acción de Gabri que, tras un ha boa internada, non acertou no pase a Carlos, que chegaba para rematar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu