Máis luces que sombras na derrota do Lugo ante Bertamiráns

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Non nos rendemos en ningún momento do partido aínda estando en inferioridade. O nivel de solidariedade e esforzo dos 16 foi excepcional.”

CD LUGO 1 – BERTAMIRÁNS 2

O Lugo estivo preto da súa primeira vitoria nesta Copa Galicia, algo que se lles está resistindo aos de Brais Prados. Ante o Bertamiráns os lucenses foron competitivos, ata cando peor pintaban as cousas.
Os visitantes tiveron unha gran pegada no tramo inicial ao marcar en dous das súas tres primeiras chegadas, todo iso no cuarto de hora inicial. O cero a un cun disparo desde fóra da área, e o cero a dous cun libre indirecto desde dentro da área non exento de polémica, xa que foi moi rigoroso. Ademais, o Lugo quedouse con dez xogadores para afrontar a hora de partido restante trala expulsión de Buide na xogada do segundo gol do Bertamiráns.
Dada a situación, o máis lóxico sería borrarse do encontro, pero os lucenses fixeron todo o contrario. Armáronse ben e aos poucos foron crecendo en ataque.
As boas sensacións confirmáronse tralo paso polos vestiarios. Nico Díaz meteu ao Lugo de cheo no partido, ao recortar distancias tras un saque de esquina aos sete minutos.
Con media hora por diante o Lugo encerrou ao Bertamiráns no seu campo, sen que chegasen os visitantes a disparar a porta. Con todo, o premio do gol resistíuselle a un Lugo que por medio de Manel, tras dous saques de esquina, acariñou o empate.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu