Luis adiantou a un Lugo que se viu logo superado polo Pabellón

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Partido que nos serve para aprender dos erros que cometemos e para seguir traballando para que non se repitan”

CD LUGO 1 – PABELLÓN 3

O Pabellón Ourense mantén o pleno de puntos nas dúas xornadas disputadas na Copa Galicia infantil, competición na que o Lugo encaixou a súa primeira derrota tralo empate conseguido na xornada inaugural.
Á espera de que cheguen cambios no persoal que dirixe Brais Prados, nesta xornada contou con todos, o Lugo aínda está falto de rodaxe para medirse a equipos como o Pabellón Ourense que dirixe o ex adestrador do Calasancio, Marquitos.
Ata que os dous equipos se asentaron, o Lugo competiu de poder a poder e ata inaugurou o marcador tras unha boa xogada de Freire antes de servirlle a Luís un balón franco para facer o un a cero.
Co gol, os albivermellos esperaban ter máis control do xogo, pero sucedeu todo o contrario. O Pabellón Ourense conseguiu que se xogase en campo do Lugo e froito diso deulle a volta ao marcador antes do descanso.
O un a un chegou ao cuarto de hora tras un mal despexe e o un a dous, no ecuador da primeira parte, cun remate totalmente libre de marca dun xogador ourensán no segundo pau.
Nos vestiarios, no descanso, Brais Prados intentou adiantar as liñas do seu equipo e conseguiuno nos primeiros minutos. Con todo, a defensa adiantada do Pabellón propiciaba que o Lugo apenas tivese espazos e co tres a cero o encontro quedou completamente visto para sentenza.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu