Lourenzá e Milagrosa desmárcanse na Cadete Norte con tres vitorias noutros tantos encontros

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica

A Milagrosa espertou tras encaixar o 0-1 

MILAGROSA 3 – RIBADEO 1

A Milagrosa deulle a volta ao cero a un co que se puxo o Ribadeo no inicio da segunda metade e acabou impoñéndose con autoridade nun duelo que medía a dous equipos que chegaban á cita igualados, con seis puntos.
A mesma igualdade foi a tónica da primeira metade na que, sen embargo, foi a Milagrosa a que chegou con máis perigo á area rival. Tras o paso polos vestiarios Casanova abriu o marcador cun gol nunha acción á contra que adiantaba momentaneamente aos visitantes. O tanto en contra foi un revulsivo para os locais que, a partir dese momento, se fixeron co mando e remontaron o partido. Fran fixo o empate a un e, aos tres minutos, Buján deulle a volta ao marcador co 2-1. Diego certificou o triunfo nun treito final no que a Milagrosa dispuxo de ocasións para ampliar a renda, pero o resultado final antóllase xusto xa que os de Madriles non estiveron de todo finos.


O Castro aguantou a renda ante unha Residencia que reaccionou moi tarde

RESIDENCIA 3 – CASTRO 1

O Castro levouse todo o botín en xogo da Cheda nun partido no que os locais non se meteron no encontro ata a segunda parte. A partir de aí asediaron a portería rival, pero xa non lles deu tempo para salvar polo menos un dos puntos en xogo.
Ata entón a posta en escena do Castro varreu do campo aos da Cheda con dous goles nos primeiros dez minutos.
Pouco despois recortou distancias a Residencia, pero antes do descanso Raúl fixo o un a tres. Xa na segunda parte a melloría local foi clara, pero o Castro resistiu e levouse os tres puntos en xogo.


O Lourenzá segue  sen encaixar goles

LOURENZÁ 8 – POLVORÍN B 0

Terceira vitoria do Lourenzá que, ademais de marcar con facilidade, mantivo a portería a cero, converténdose no único equipo da Liga que non encaixou ningún tanto. Ante o Polvorín, Adnán tampouco tivo que empregarse a fondo. Iso si, os amarelos defendéronse con máis orde do que indica o marcador, ante un Lourenzá que resolveu en accións individuais.


O Villalbés B rabuña un punto

BURELA 1 – VILLALBÉS B 1

O Rácing Villalbés B levouse un punto da Marosa grazas a un gol de Diego ao transformar un penalti cometido sobre Iago Gesto, despois de que o Porto de Burela se adiantara por medio de Penelo cun gran disparo dende fóra da área á hora de xogo e dispuxese das ocasións máis claras para ampliar a diferenza antes de que os chairegos selasen o empate.


A primeira vitoria do Foz fíxose de agardar ata os últimos minutos 

SAN CIPRIÁN 1 – FOZ 2

O Foz logrou na Veiga ante o San Ciprián unha vitoria pola que tivo que esperar ata os últimos minutos do encontro. Tras unha primeira parte que rematou con empate a un no marcador, pero con mellores sensacións para o San Ciprián, na segunda, os visitantes tomaron o mando e crearon ocasións para desnivelar a balanza, pero non foi ata o final cando Isma asinou o seu dobrete e triunfo do equipo dirixido por Asier.
Na próxima xornada o Foz recibirá no Municipal á Residencia B, mentres que o San Ciprián visitará A Magdalena para medirse cun Rácing Villalbés B que vén de empatar na Marosa a un gol co Porto de Burela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu