Loita desigual entre a Milagrosa e un Calasanz

En Cadete Superiores

Dominio herculino dende o inicio ante os de Madriles que, pese a intentalo, víronse superados neste encontro

A Milagrosa apenas dispuxo dalgunha opción ante o Calasanz no debut dos de Madriles esta tempada no Luís López Gorgoso de Frigsa, onde se mediron a un equipo superior nunha loita desigual ao longo dos oitenta minutos de partido.
Os herculinos, cunha boa circulación de balón, monopolizaron a posesión ao longo da primeira parte na que tiveron o vento a favor e na que inauguraron o marcador ao cuarto de hora tras un centro lateral e ampliárono á media hora ao rematar un saque de esquina sen apenas oposición.
Tras o descanso esperábase unha mellor versión local, ao ter o aire a favor nos segundos corenta minutos. A Milagrosa xogou máis directo e tivo un pouco máis de presenza en campo rival, pero sen chegar a crear ocasións claras de gol ante un Calasanz moi ben armado.
O carrusel de cambios na segunda parte fixo que a intensidade fose moito máis baixa e o Calasanz, con dous disparos desde fóra da área, levou o marcador ata o catro a cero final na estrea da Milagrosa en Frigsa

Próxima xornada O Riveira, vello coñecido da tempada pasada da Milagrosa, será o seu próximo rival nun partido que se presume moito máis igualado ca o desta xornada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu