Lecturas positivas nun curso esixente

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

A Milagrosa despediuse da Liga Galega infantil cunha clara derrota ante o campión deste grupo pola permanencia

 

MILAGROSA 0 – CONXO 6

O Conxo Santiago presentouse en Frigsa coa intención de sumar os tres puntos en xogo e alzarse co primeiro posto final neste grupo pola permanencia.

Un posto ao que optaba tamén o Lalín, pero empatou na Coruña ante o Imperátor deixando pista libre aos composteláns en Frigsa.
A Milagrosa presentou batalla cun equipo con moitas ausencias no que destacaba a presenza de Hugo Quiroga baixo paus, debutando o porteiro na máxima categoría do fútbol infantil.
Pese a xogarse gran parte do encontro en campo da Milagrosa, o Conxo Santiago apenas puido crear perigo, salvo na acción do cero a un, ao cuarto de hora. A partir de aí e ata chegar ao descanso, os de Madriles disputaron os seus mellores minutos con ocasións para poder empatar o encontro, sendo as máis claras por medio de David, pero o porteiro visitante gañoulle a partida ao punta ata en dúas ocasións.
A Milagrosa chegou ao descanso con opcións de puntuar ante o mellor equipo desta segunda fase, pero co paso dos minutos no segundo tempo a luz da reserva acendeuse demasiado pronto.
A Milagrosa acusou o desgaste físico, sobre todo tralo cero a dous. A partir de aí xa non houbo máis partido en Frigsa.

 

“Una temporada complicada pero de la que todos salimos siendo mejores que a principio de curso” MADRILES Milagrosa

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu