Lalín gaña, a Milagrosa medra

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica

MADRILES – SCD Milagrosa

“Gracias a todos los jugadores por el esfuerzo realizado a lo largo de estos meses y a tanta gente que nos mostró su apoyo. El ambiente que se vivió fue impresionante”

SCD MILAGROSA 0 – EF LALÍN

Non houbo xesta heroica nin practicamente opcións de remontar a eliminatoria por parte da Milagrosa no encontro de volta. Un partido no que o Lalín soubo sufrir e aguantar o arreón inicial dos de Madriles, e sentenciar o pase con dous zarpazos ao final da primeira parte e ao comezo da segunda.
O Lalín é xusto vencedor desta eliminatoria, pero máis aló do deportivo, a Milagrosa gañou moito máis que perdeu nesta fase de ascenso.
Frigsa vestiuse de gala para un encontro que chegaba ao partido de volta con tres a cero en contra. O Luís López Gorgoso non se vía así desde fai unha década, pero o sentimento albivermello volveu latexar con forza para despedir ao grande un equipo que, pese a quedarse ás portas do ascenso, xogará en Liga Galega a próxima tempada tralo ascenso dos cadetes.
Xogar en Liga Galega ou vivir un tramo final de tempada como este, esa é a pregunta. A resposta é clara.
Con todo iso, non quere dicir que os de Madriles se desen por vencidos, presentaron batalla e faltoulles ese gol na primeira parte que os metese de cheo na loita.
A Milagrosa asediou a portería do Lalín en xogadas e a balón parado, pero nunha contra illada ao final da primeira parte o conxunto visitante golpeou e tirou á lona á Milagrosa co cero a dous nada máis empezar a segunda.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu