Iniciouse a conta atrás do Calasancio para volver á Liga Galega cadete

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Partido para olvidar en los Escolapios cuanto antes

CALASANCIO 0 – VALLADARES 5

As despedidas, como non poden ser doutra forma, son duras e dolorosas. E esta do Calasancio non podía ser doutra maneira. Os Escolapios despediuse da liga Galega cadete, pero o Calasancio xa conta os días para volver a esta competición.
Para os monfortinos o encontro non tiña nada en xogo, e afrontárono con moitas ausencias, mentres que o Valladares xogábase, e seguirase xogando a permanencia na última xornada.
A maior necesidade de puntos fíxose valer desde o inicio co cero a un para os visitantes cando aínda non se disputara nin un minuto de partido.
Antes do descanso chegou o cero a dous co que o encontro quedou completamente visto para sentenza. O Calasancio, que viña disputando bos partidos nas últimas xornadas, desapareceu dos Escolapios na última cita.
Ao comezo da segunda parte o Valladares castigou aos monfortinos con dous goles máis que levaron a diferenza ata o cero a catro, antes de que chegase o definitivo cero a cinco.
Na última xornada o Calasancio viaxa a Ourense antes de iniciar a conta atrás para volver canto antes á liga Galega.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu