Arrincou o Provincial infantil

En Infantil, Principal, Provincial

O Rácing Villalbés manda un aviso aos seus rivais 

Os de Jandro contan todos os seus encontros por vitorias. A primeira no Provincial deixa claro que os chairegos son firmes candidatos ao título

O Racing comezou con bo pé no Provincial, cunha avultada vitoria ante a Residencia B nun encontro con pouca historia que se decantou xa na primeira metade do lado dos chairegos e no que Álex Gimeno vestiase por primeira vez de curso esta temporada.
Hugo fixo o primeiro gol antes de que se cumplira o minuto dez de encontro e ao descanso o resultado xa era de 0-6.
Na segunda metade os de Jandro Novoa seguiron ampliando a renda ata o definitivo 0-10 co que rematou o encontro. Toni e Anxo, con cadanseu hat-trick, e Hugo e Carlos, por partido dobre, foron os autores dos goles.
A vindeira fin de semana o Rácing Villalbés medirase na Magdalena ao Lugo B, que vén de perder ante a SD Viveiro. A Residencia, pola súa banda, buscará a primeira vitoria no Provincial ante o Sagrado Corazón.

“Nos enfrentamos a un rival de categoría superior. Debemos olvidar este partido cuanto antes”ADRIÁN SUÁREZ  Residencia B

“Sin duda ninguna, lo mejor del partido fue que Álex Gimeno volviese a disfrutar del fútbol con nosotros” JANDRO NOVOA RC Villalbés A

O Ribadeo impúxose no derbi mariñao

o 3-0 final non reflicte a igualdade vista ao longo dos 80 minutos no Pepe Barrera

O Ribadeo impúxose ao Burela no derbi mariñao da xornada inaugural do Provincial. No segundo encontro que os enfrontaba esta temporada os de Moro tomáronse a revancha tras perder na primeira fase ante os burelaos.
O encontro comezou con dominio dos de Javi Ruiz, que acusaron as baixas de Iago, Iván e Diego. Nos primeiros minutos incluso puideron adiantarse, pero aos poucos o Ribadeo foise asentando e Carlos aproveitou un pase de Migui mediada a primeira parte para facer o un a cero, resultado co que se chegaría ao descanso.
O Burela non baixou os brazos e saíu a por todas na segunda metade. Pese a dominar, os de Javi Ruíz non estiveron acertados de cara a porta e o Ribadeo, tras aguantar o arreón burelao, aproveitou as súas opcións á contra para sentenciar o encontro nos últimos quince minutos. Carlos, co seu segundo gol, e Antón pecharon así o resultado co 3-0 final.
A próxima fin de semana os de Moro visitan o Marcos Gómez para enfrontarse á SD Viveiro, que tamén gañou nesta xornada. O Burela, pola súa banda, descansa na segunda xornada e volverá á competición a fin de semana do 15 de decembro, tralo parón da ponte da Constitucion.

“Felicito aos meus xogadores polo partidazo que fixeron. Gran encontro dos dous equipos”MORO SD Ribadeo

“Partido no que nos penalizaron moito as baixas que tivemos e tamén o feito de ser valientes” JAVI RUIZ Burela SD

Un Viveiro moi efectivo

Os celestes aproveitaron mellor as súas ocasións nun encontro igualado no que o CD Lugo recortou un 0-3, pero quedou sen tempo para forzar o empate

A SD Viveiro sorprendeu ao CD Lugo B no Rodríguez Lago. Os dous equipos aínda non se enfrontaran esta temporada ao atoparse en grupos diferentes na primeira fase, e os celestes leváronse a vitoria pola mínima nun encontro igualado no que a efectividade dos mariñaos foi clave.
Sabendo que os albivermellos quererían a posesión, o Viveiro buscou presionar a súa saída de balón dende o inicio. Os primeiros acercamentos foron locais, pero aos dez minutos un roubo de balón en campo contrario propiciou a primeira ocasión para os visitantes e o primeiro gol da mañá, obra de Samu tras aproveitar un rexeite.
Pouco despois os celestes ampliaban a renda cun gol de Teshome á saída dun córner e, tralo 2-0, o Viveiro deu un paso atrás e defendeu ben os ataques do CD Lugo ata o intermedio.
O descanso sentoulle mellor aos de Antón Méndez, que sairon máis asentados ao campo en busca da remontada. Pero outro roubo de balón do Viveiro propiciou o 0-3 e o doblete de Samu,
Con tempo por diante o CD Lugo non baixou a cabeza e deu un paso adiante para recortar distancias cun gol de Dani. Omar tivo a máis clara antes de que o propio Dani fixera tamén o 2-3 antes de que se cumplira o tempo regulamentario. Os albivermellos buscaron o empate ata o asubío final, pero a SD Viveiro soubo sufrir e defender as acometidas locais para levarse finalmente a vitoria.

“Tuvimos demasiado castigo para el trabajo que hizo el equipo a lo largo de este encuentro” ANTÓN MÉNDEZ CD Lugo B

“Muy buena forma de empezar el Provincial por parte del equipo. Enhorabuena a todos por el gran trabajo realiazado, pero esto aún acaba de empezar” ANTONIO SERRANO SD Viveiro

Xusto reparto de puntos no Municipal

Becerreá e Sagrado firmaron táboas nun encontro con moitas alternancias

Becerreá e Sagrado aínda non se enfrontaran esta temporada e o pasado sábado quedou patente a igualdade entre os dous equipos nun encontro que finalizou con empate a 3 goles.
Comezou adiantándose o Sagrado, ao aproveitar o pichichi branquiazul, David Basadre, un balón en longo. Pouco durou a alegría para os visitantes, xa que tan só cinco minutos despois Carlos, con dous goles, obraba a momentanea remontada.
O Becerreá confiouse un pouco e iso aproveitouno o Sagrado, que antes do descanso dáballe de novo a volta ao marcador grazas aos goles de Jarno e Dani Gómez.
Tralo paso polos vestiarios os locais sairon mellor e así, nunha xogada a balón parado, Adrián aproveitou un rexeite dentro da área para devolver as táboas.
De aí ao final Antón e Alan salvaron aos seus respectivos equipos de encaixar máis goles, polo que o marcador xa non se moveu máis.
A vindeira fin de semana o Sagrado Corazón recibirá nas Gándaras á Residencia B, mentres que o Becerreá visita a Ribela para enfrontarse á Sarriana, que xogará o seu primeiro partido no Provincial tras descansar na xornada inaugural.

“En esta fase no podemos conceder tantos errores defensivos si queremos ser todo lo competitivos que podemos llegar a ser”
NICO LONGHINI Becerreá

“Partido en el que realmente competimos muy bien ante un gran rival”ALBERTO PÉREZ  Sagrado Corazón A

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu