Infantil Provincial, táboas no algo da taboa

En Infantil, Principal, Provincial

Máxima igualdade nun duelo no alto da táboa

Ribadeo e Villalbés, os dous primeiros clasificados, mediron forzas no Pepe Barrera no primeiro encontro que os enfrontaba esta tempada

Era o primeiro enfrontamento entre Ribadeo e Villalbés esta tempada, e non defraudou. O segundo clasificado do Grupo Norte e o primeiro do Centro batíronse no Pepe Barrera nun encontro condicionado de principio a fin pola climatoloxía e as condicións do terreo de xogo.
A ámbolos dous equipos costoulles entrar en dinámica de partido, si ben os chairegos, que por primeira vez esta temporada xogaban en campo de herba natural, foron os primeiros e probar sorte cun disparo de Noel que se foi ao pau. Pouco a pouco os mariñaos foron collendo ritmo e, pese a que as ocasións foron escasas, mediada a primeira metade Xavi aproveitaba a súa para facer o 1-0 tras un disparo dende a frontal da área e así irse con vantaxe ao descanso.
Tralo paso polos vestiaros o Ribadeo continuou levando o peso e chegando con claridade, pero o Rácing era quen máis perigo levaba á area cada vez que recuperaba o balón e, nunha desas xogadas, Noel chegou a liña de fondo para dar un pase atrás que Toni tan só tivo que empuxar para devolver así as taboas ao marcador con case media hora aínda por diante.
O Ribadeo foise a pola vitoria e tivo nas botas de Ignan, Carlos e Xavi as mellores opcións para o 2-1, pero a falta de puntería e a defensa racinguista mantiveron o empate ata o asubío final.
O reparto de puntos deixa a Villalbés e Ribadeo no alto da táboa empatados a 7 puntos. Tralo parón de Nadal os de Jandro Novoa recibirán ao Burela na Magdalena, mentres que os de Moro visitan Lugo para enfrontarse ao Sagrado Corazón.

“O campo e o tempo influíron no xogo, pero estou moi contento porque os meus xogadores se adaptaron ás circunstancias”
MORO SD Ribadeo

“El equipo se adaptó bien al partido y a las condiciones del terreno de juego”
JANDRO NOVOA RC Villalbés

A pegada local desnivelou o encontro

O PORTO BURELA levouse o derbi mariñao fronte a unha SD Viveiro que, pese ao seu bo xogo, no puido contrarrestar a superade física dos de Javi Ruíz

Derbi competido na Marosa, no que o Burela conseguiu a súa primeira vitoria no Provincial trala derrota fronte ao Ribadeo na primeira xornada e descansar na segunda.
Os celestes comezaron dominando o xogo nos primeiros minutos, pero pouco a pouco os locais foron impoñéndose dada a súa superioridade física e á media hora Iván abría o marcador, mentres que tan só tres minutos despois Gayoso facía o dous a cero. Pese a iso o Viveiro non se viu abaixo e, en dous córners, devolveron as táboas ao marcador antes do descanso.
Ao comezo da segunda parte Pablo volvía adiantar aos locais, un gol que non minou a moral dos celestes, que volvían empatar pouco despois grazas a un lanzamento de falta directa de Adrián.
O Burela chegou mellor aos minutos finais, nos que Iván fixo o 4-3 e o segundo na súa conta particular tras un rexeite antes de que Fernando sentenciara definitivamente o encontro nun contragolpe para facer o definitivo 5-3.
Tralo parón de Nadal o Burela visita ao Villalbés nun encontro que se disputará na Magdalena, e a SD Viveiro volverá á competición a fin de semana do 19 de Xaneiro no Marcos Gómez, xa que descansará na primeira cita do 2019.

“Esperamos recuperar sensacións e ritmo nas vacacións de Nadal” JAVI RUÍZ Burela SD

“Partido muy bien competido, esta debe ser la línea a seguir por el equipo en lo que queda de competición” ANTONIO SERRANO SD ViveiroPaso firme da Sarriana trala súa visita á Cheda

OS DE RAÚL, pese a non xogar o seu mellor encontro, remontaron o gol inicial da Residencia B e fixéronse coa vitoria grazas á súa pegada

O conxunto sarriao pecha o ano como terceiro clasificado do Provincial, con dúas vitorias noutros tantos encontros tras descansar na xornada inaugural.
Os de Raúl saltaron mellor ao campo da Cheda pero, pese a iso, Santi Vélez adiantaba aos branquiazuis no minuto tres cun remate tras un saque de esquina. Pouco a pouco a Sarriana volveuse asentar no campo e Rubén, aproveitando un pase de Saúl á espalda, devolvía as táboas ao marcador.
Tan só dous minutos despois Rubén veía de novo porta tras roubar el mesmo un balón na área rival e, pese que ata o descanso as ocasións para os da Ribela sucedéronse, o marcador non variou.
Tralo paso polos vestiarios a Resi saíu en busca do empate, e atopouno nunha contra na que Santi Vélez facía o segundo para os da Cheda e tamén na súa conta persoal.
A Sarriana colleu de novo o mando do encontro para darlle de novo a volta ao marcador, pero os de Raúl estiveron precipitados e sen claridade de cara a porta ata que, a tres minutos do final, Adrián desatascou o encontro ao facer o 2-3 tras unha xogada persoal, un gol que minou a moral da Residencia e que deixou o encontro visto para sentencia antes de que Xoel fixera o definitivo 2-4 nunha xogada á contra.
Tras o parón de Nadal, que se alonga ata a fin de semana do 12 de Xaneiro, os de Adrián Suárez visitarán o Municipal de Becerreá. A Sarriana, pola súa banda, recibirá ao Lugo B, que xoga hoxe a partir das 19:30h contra o Sagrado Corazón.

“Hay que seguir traballando. Espero que os erros que cometemos neste partido nos sirvan para aprender de cara aos próximos encontros” RAÚL Sarriana

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu