Iñaki foi o heroe dun Ribadeo campión da Copa Deputación

En Autonómica Infantil, Copa Provincial, Infantil, Principal grande

ROBERTO – SD Ribadeo

“O título de Copa é un gran premio para o equipo tras unha boa tempada”

CÉSAR SANJURJO – SDC Residencia

“Felicidades al Ribadeo y enhorabuena a nuestra plantilla por todo lo conseguido esta temporada”

SD RIBADEO 2 – SDC RESIDENCIA

O Ribadeo alzouse co título da Copa Diputación infantil tras impoñerse á Residencia na gran final que se resolveu desde os once metros, nunha quenda de penaltis que coroou ao porteiro mariñao Iñaki como o heroe do encontro, ao deter o lanzamento decisivo.
A Residencia presentábase como favorita na Mina, un terreo de xogo no que fai un mes selaron o ascenso á Liga Galega infantil, pero en fronte atopáronse un Ribadeo que, pese a remar contracorrente, desde o inicio, levantou o título na Pontenova.
A Residencia empezou mellor e tomou o mando no marcador cando tan só se disputaran dous minutos co cero a un que asinou Gabri, pero aos cinco de xogo Nico devolveu as táboas ao marcador tras un frenético inicio de partido.
A partir de aí, a loita librouse no centro do campo, lonxe das áreas, ata que Luisito frotou a lampara da que saíu o xenio para volver adiantar á Residencia co un a dous co que se chegou ao descanso.
Xa na segunda parte o Ribadeo mantívose na pelexa e, na recta final, chegou o premio do gol. Un dous a dous que asinou Diego ao aproveitar un rexeite tras un balón longo, levando a final ata a quenda de penaltis.
Nos once metros Juan e Iñaki acapararon o protagonismo. O porteiro da Residencia tocou varios balóns, pero a fortuna estivo de cara para Iñaki, que tras deter o último lanzamento deulle o título de Copa ao Ribadeo na Mina.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu