Impoñente físico do Bertamiráns

En Infantil, Liga Galega

Partido desnivelado  pola envergadura visitante que eclipsou a un Lugo que, pese a intentalo, víuse superado

O Lugo loitou contra un equipo que parecía de categoría superior polo seu potencial físico. Algo desnivelante na primeira parte e determinante ao longo do segundos corenta minutos, nos que o Lugo ademais tivo o aire en contra.
A presión asfixiante do Bertamiráns no medio campo fixo que o Lugo nunca estivese cómodo co balón nun terreo de xogo de dimensións reducidas onde as axudas son continuas. Ademais, ao fío do cuarto de hora inicial, os visitantes adiantáronse no marcador tras un saque de esquina.
O Lugo non baixou os brazos e dispuxo de ocasións para empatar, sendo a máis clara un remate de Buide ante o que se luciu o porteiro visitante enviando o balón a córner cando xa se cantaba o gol nas Gándaras.
O que non perdoou foi o Bertamiráns, que levou o marcador ata o cero a dous despois dunha contra na que a potencia e velocidade dun dianteiro visitante foi demoledora.
Moha, tamén nunha acción a balón parado, conectou un novo remate que se foi por moi pouco antes de chegar ao descanso con cero a dous no marcador.
A segunda parte presentábase aínda máis complicada, xa que co aire en contra o Bertamiráns apertou a saída de balón dun Lugo que non atopou a fórmula para levar o esférico a campo rival. Pola súa banda, o Bertamiráns estivo cómodo e ampliou a diferenza co cero a tres despois de poñer o seu dianteiro centro o balón en toda a escuadra cun remate desde dentro da área.
Ao final, Buide atopou o premio que buscou desde o inicio do encontro, ao rematar o central albivermello un saque de esquina e maquillar o resultado final co definitivo un a tres nas Gándaras.

Derbi capitalino
A próxima xornada medirá a Residencia e Lugo na estrea do novo céspede da Cheda, que tamén será o primeiro derbi da tempada entre equipos lucenses que compiten en calquera das categorías superiores de fútbol base.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu