Iago mantén as constantes vitais do Calasancio

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Escapóusenos unha final nos Escolapios”

CALASANCIO 1 – SALGUEIRIÑOS 1

O Calasancio segue na UCI pero mantén as constantes vitais grazas a un gol de Iago a falta de dous minutos para o final co que os monfortinos sumaron un punto que, malia servir de pouco, manteñen un fío de esperanza para afrontar a recta final da competición tralo parón de Semana Santa.
Os de Cordas terán que facer nas últimas sete xornadas o que non fixeron nas 27 disputadas. Este último encontro estivo marcado polo cero a un aos sete minutos de xogo, polo que unha vez máis o Calasancio tivo que remar contracorrente desde o inicio.
A sensación era de que os monfortinos eran mellores como equipo, pero a situación na táboa pesa e ao Salgueiriños chegoulle con estar ordenado en defensa e explotar o seu contragolpe para ter baixo control ao Calasancio, nunha primeira parte na que os monfortinos tan só chegaron con perigo nunha acción a balón parado no tramo final.
Tralo descanso o partido cambiou, viuse un fútbol máis directo co que os monfortinos tivo máis presenza en campo rival. Alexandre e Cobo dispuxeron das primeiras ocasións claras, pero a Liga Galega estivo a piques de esfumarse para o Calasancio cun remate ao poste do Salgueiriños tras un córner, mentres que nunha das últimas xogadas do encontro, Iago, cun gran remate no segundo pau, devolveu o pulso ao selar o empate a un final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu