Houbo opcións de puntuar ata o final para o Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Con este nivel de trabajo y compromiso los buenos resultados llegarán, eso seguro”

EF POLVORÍN 0 – URAL 2

Paso á fronte do Polvorín na súa posta a punto de cara á segunda fase da Liga Galega infantil que comezará a mediados do próximo mes, xa que tan só faltan por disputar tres encontros desta primeira fase.
O Ural, un dos equipos punteiros desta competición, visitou Montirón, e os herculinos tiveron que gañarse a pulso os tres puntos ata o final, xa que o cero a dous co que o encontro quedou sentenciado chegou no último minuto de xogo.
Os de Caballero eran conscientes de que a posesión do balón sería para o Ural, polo que suscitaron o encontro para ter as súas opcións a partir da orde defensiva, pero sen renunciar en ningún momento ao balón tras recuperación para buscar a portería rival.
En defensa Diego Vázquez continuou unha xornada máis asumindo galones, mentres que no medio campo Juanma e Samuel, que reapareceu tras dúas xornadas apartado do equipo por lesión, déronlle criterio ao xogo do Polvorín.
A ocasión máis clara dos de Montirón antes do descanso chegou cun lanzamento de falta directa por medio de Samuel, pero ao intermedio chegouse co cero a cero inicial.
Xa na segunda metade, o Ural puxo toda a súa artillería pesada no campo, variando o debuxo ao xogar con tres dianteiros.
O Polvorín pasouno mal no tramo inicial, pero coa entrada de Jose no terreo de xogo os de Caballero tiveron máis balón e algunha chegada na que acariñaron o un a cero. Con todo, a calidade herculina saíu a relucir cun golazo para facer o cero a un, e cando o Polvorín estaba envorcado en busca do empate na recta final, chegou o cero a dous nunha contra do Ural.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu