Homenaxe e nova vitoria

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

o nome de Marcos Gómez perdurará no Cembedo. Antes do partido colocouse unha placa co nome do eterno número 16 celeste

 

VIVEIRO CF 3 – DUMBRÍA 1

O Viveiro despediu a tempada ao grande en casa. Un último encontro no que de novo Marcos Gómez estivo moi presente, xa que antes do inicio do partido instalouse unha placa no Municipal co seu nome.

Xa no terreo de xogo os de Antonio Serrano volveron estar á altura das homenaxes que recibe o eterno 16 celeste, sumando a súa decimoquinta xornada consecutiva sen perder e chegando á última cita do curso con opcións de terminar no cuarto posto da clasificación.
Ademais de saltar ao terreo de xogo con moita intensidade o Viveiro fixo bo fútbol, dominando o encontro a partir da posesión e con profundidade para ter un goteo constante de ocasións desde os primeiros minutos.
Macly, Yago e Iván acariñaron o un a cero antes de que o Dumbría se adiantase case sen crelo tras unha acción a balón parado sen apenas perigo.
A partir de aí, con practicamente unha hora de partido por diante, o Dumbría meteuse moi atrás e o Viveiro aproveitouno para iniciar un asedio que non terminou en derruba nos primeiros corenta e cinco minutos, que terminaron con cero a un no marcador.
Na segunda parte o Viveiro mantivo a calma e asinou o empate por medio de David Ben, que volveu acudir á súa cita co gol ao rematar de cabeza un bo centro de Ángel desde a banda.
O propio David tivo o dous a cero, pero o Dumbría resistiu co empate ata o tramo final, uns últimos dez minutos nos que o Viveiro volveu a descolgar ao seu rival no sprint final cos goles de Juan e Yago cos que o Viveiro quedouse con todo o botín en xogo.

 

“!Qué pena que esto se acabe ya!” ANTONIO SERRANO Viveiro CF

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu