Hai pulso en Monforte

En Infantil, Liga Galega Infantil, Provincial

O Calasancio encara a final das finais que disputará a próxima xornada ante o Alondras coa moral a tope tras impoñerse ao Coruxo no Álex Blanco

 

CP CALASANCIO 6 – CORUXO 0

O Calasancio cargou ao máximo o depósito da confianza tras impoñerse ao Coruxo por seis goles a cero. Xusto antes de visitar na próxima xornada ao Alondras, equipo que marca os postos de permanencia e que está a once puntos de distancia. Unha vitoria dos de Manu Rodríguez alimentaría un pouco as opcións de permanencia mentres que unha derrota sería a antesala do descenso de categoría.
A mellor forma de chegar á final das finais ata a data é coa moral no máis alto e o Calasancio conseguiuno tras asinar a súa vitoria máis ampla esta tempada ante o Coruxo.
O encontro apenas tivo historia xa que o equipo monfortino foi superior en todos os aspectos do xogo, monopolizando o balón desde os primeiros minutos ante un Coruxo que cunha defensa de cinco e moitos xogadores por detrás do balón apenas tivo protagonismo en ataque.
O Calasancio armouse de paciencia e Nacho atopou o camiño do gol co un a cero, ao rematar un centro lateral, e co dous a cero, antes de que Dalama, cun remate de cabeza, selase o tres a cero co que se chegou ao descanso no Álex Blanco.
Na segunda parte, o Calasancio evitou que o Coruxo soñase con meterse no encontro e, tras o catro a cero por medio de Carmen, os visitantes baixaron por completo os brazos ata encaixar o definitivo seis a cero cos dous últimos tantos que subiron ao marcador, de Nacho, que terminou cun hat trick, e Guiti.
Co partido ante o Alondras ao virar a esquina, os de Manu Rodríguez encaran unha semana importante de adestramentos para poder manter viva a chama da esperanza da permanencia na Liga Galega infantil unha tempada máis.

 

“Noraboa ao equipo por esta vitoria que mereceron ao longo de todo o encontro” MANU RODRÍGUEZ CP Calasancio

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu