Hai motivos para crer nun Viveiro cuarto con toda a segunda volta por diante

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

LUCHI – Viveiro CF

“Victoria merecida por el buen trabajo del equipo”

BERTAMIRÁNS 1 – VIVEIRO 4

O Viveiro demostrou que no parón de Nadal fixo os deberes, e mantivo a actividade para sumar os tres últimos puntos en xogo na primeira volta e encarar a segunda desde a cuarta posición da táboa. Lonxe do soño do ascenso, pero dando motivos para crer na remontada.
Ante o Bertamiráns o encontro estaba marcado polas reducidas dimensións do terreo de xogo, polo que o fútbol directo e as segundas xogadas gañaban moito protagonismo.
Os celestes estiveron intensos e tomaron o mando do marcador aos dez minutos tras asinar Manu o cero a un nunha acción marca da casa tras facerse cun balón ao espazo.
Trasi dispuxo dunha clara ocasión para o cero a dous, pero antes do descanso o que chegou foi o un a un co empate do Bertamiráns no único disparo a porta dos locais ante Egoitz na primeira metade.
Tralo descanso o Viveiro mantivo a intensidade ante un Bertamiráns incapaz de manter o ritmo. Hugo Seijas fixo o un a dous aos dez minutos, e ao cuarto de hora Trasi asinou o un a tres co que os celestes puxeron terra polo medio no marcador.
A partir de aí o Viveiro ata conseguiu por momentos baixar o balón ao chan e dominar ao seu rival a partir da posesión do balón, ata que chegou o un a catro final cun bonito gol de Hugo.
Ao final, moi boas sensacións dun Viveiro que dá motivos para crer nunha gran remontada na segunda volta para meter presión aos tres equipo de arriba.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu