Gran tempada do CD Lugo B, cun histórico quinto posto

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

Temporada de mucho aprendizaje para todos, un escalón más que subimos en nuestra formación. Fue un año muy divertido y de mucho trabajo. Estamos todos muy contentos”

LALÍN 1 – CD LUGO B 2

O Lugo B pechou a tempada ao grande, cunha nova vitoria coa que pecharon o curso cunha histórica quinta posición, asinando 64 puntos e sendo o mellor equipo da Provincia na categoría de prata do fútbol cadete.
Os de Iván Alonso foron posiblemente a revelación e o mellor equipo do fútbol lucense nunha categoría superior esta tempada, e rubricárono en Lalín, onde xogaron o último encontro.
As grandes dimensións do terreo de xogo axudaron para que o Lugo B despregase o seu mellor fútbol. Os locais foron incapaces de pechar as liñas de pase cun Samu xogando e dirixindo ao equipo ao seu gusto,
No ecuador da primeira parte Brian finalizou unha perfecta asociación entre Samu e Rosón para inaugurar o marcador, mentres que o propio Samu serviu un balón ao espazo para que Manu asinase o cero a dous colocando o balón na escuadra para ampliar a súa xeira ata os nove encontros consecutivos vendo porta.
Tralo descanso o Lalín arriscou máis e adiantou a presión, pero o Lugo B saíu ben dela e dispuxo de moitas ocasións para ampliar a conta, aínda que sen acerto nos metros finais. Pola súa banda o Lalín, maquillou o resultado nos minutos finais, sen que o triunfo do Lugo B estivese en dúbida en ningún momento.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu