Gran reacción na segunda parte, pero tardía para poder puntuar

En Cadete, División de honra

O Lugo foi mellor tralo descanso ao recuperar o 4-3-3

No campo Municipal de O Monte, en San Tirso, víronse dous partes dun mesmo encontro moi distintas. Na primeira o San Tirso, filial do Deportivo, foi mellor e plasmouno no marcador co dous a cero co que se chegou ao descanso, mentres que o Lugo foi mellor na segunda parte pero sen poder reflectilo no electrónico.
Martín Murado quixo sorprender ao seu rival cunha variante táctica na que por primeira vez o Lugo empezou un encontro esta tempada na División de Honra cadete con tres centrais e dous pivotes, Ademais sendo un deles Manu ante a ausencia de Samu e a suplencia de Rosón.
As forzas estiveron igualadas nos primeiros minutos, pero o San Tirso inaugurou o marcador cun gol en propia porta do Lugo tras unha contra. A partir de aí os locais romperon a primeira liña de presión do Lugo e monopolizaron o partido ata chegar ao descanso con dous a cero no marcador.
Nos vestiarios Murado recuperou o clásico 4-3-3 co que o Lugo estivo moito máis consistente e participativo. Manu puido recortar distancias cun saque de esquina directo, pero ao Lugo faltoulle pegada nos últimos metros para poder meterse de cheo na loita polos puntos nunha gran segunda parte.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu