Germán rescatou un punto para o Calasancio xuvenil entre o diluvio

En Liga Galega, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Salvamos un punto máis que merecido a base de traballo ao longo do partido”

CALASANCIO 1 – RIBADUMIA 1

O Calasancio tívose que conformar cun punto ante o Ribadumia nun encontro marcado pola choiva na segunda parte, e polo inxusto cero a un co que se chegou ao descanso.
O terreo de xogo aguantou ben ao longo dos primeiros corenta e cinco minutos nos que o Calasancio levou a iniciativa no xogo, dispuxo de chegadas e sacou un bo número de corners e faltas laterais sen poder concretar ningunha delas.
A ocasión máis clara para os monfortinos na primeira parte foi para Germán, cun gran disparo desde fóra da área que se foi rozando o poste.
A sensación era de superioridade por parte dos monfortinos, pero cando xa se resignaban a chegar ao descanso co cero a cero inicial, chegou o gol do Ribadumia na súa primeira chegada con perigo aos dominios de Losada.
Tralo descanso a choiva non concedeu tregua e empezou a poñer o campo en moi mal estado, no que era imposible xogar o balón. Un hándicap que favoreceu aos visitantes, que se replegaron e limitáronse a despexar todo balón que chegaba a tres cuartos de campo propio.
Pese a iso, o Calasancio reaccionou da man de Denís López, ao cambiar o rumbo do encontro metendo no terreo de xogo a Brais e variando o debuxo táctico para terminar incluso xogando con defensa de tres.
A aposta tivo recompensa, e esta asinouna Germán a pouco máis de cinco minutos para o final nos Escolapios ,ao enviar ao fondo das mallas un balón solto tras un rexeite provocado por un disparo de Nico desde fóra da área.
O Calasancio buscou o gol da vitoria ata o asubío final e puido logralo cun disparo de Brais e un remate de Bruno á saída dun córner.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu