Frustación do Viveiro, pero tamén satisfacción tralo encontro

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Se vio un partido disputado y competido que nos hará crecer como grupo y como equipo de cara al futuro”

ESTRADA 2  -VIVEIRO CF 2

Partido de contrastes para o Viveiro na Estrada, onde os de Antonio Serrano víronse superiores e cos tres puntos, pero tras un par de decisións arbitrais rigorosas canto menos, deron por bo o empate que asinaron en inferioridade numérica na recta final do encontro co doblete de Jorge Insúa.
Ata entón o Viveiro tivera unha boa posta en escena que se viu reforzada co cero a un que asinou Jorge cun disparo dende fóra da área aos vinte minutos de xogo.
O perigo dos locais chegaba por bandas, con xogadores rápidos, pero o Viveiro tiña controlado o encontro e ata puido ampliar a diferenza por medio de David Ben antes do descanso.
Xa na segunda parte, nada máis empezar, chegou o empate a un tras unha rigorosa falta sinalada ao bordo do área, e á hora de xogo o Estrada deulle a volta ao marcador cunha rápida chegada por banda.
O Viveiro foise a polo empate con descaro pero o árbitro expulsou a Iago, de novo de forma máis que rigorosa. Aínda con dez, os celestes conseguiron sacar forzas para empatar o encontro cun disparo lonxano de Jorge.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu