Frigsa xa é un fortín

En Cadete, Liga Galega

Terceira vitoria consecutiva na casa para unha Milagrosa que xa ten a tiro de partido os postos de permanencia na Liga Galega

O factor Frigsa xa se fai notar na Liga Galega cadete. Os de Madriles, tras un proceso de adaptación excesivamente longo, son competitivos en cada xornada, pero é en Frigsa onde se traduce en puntos. Un total de 10 dos últimos 12 en xogo con tres vitorias consecutivas o avalan.
Ante o Bergantiños o partido estaba condicionado pola expulsión de Madriles en Viveiro e pola ausencia de Raúl, que apechugou coa vermella que lle sacaron a Brais no último encontro. Pero, sobre todo, o partido estaba marcado pola climatoloxía.
Un manto de auga e vento recibiu aos dous equipos. A Milagrosa intentou ser intensa desde o inicio pero sufriu o primeiro contratempo moi pronto co cero a un na primeira aproximación visitante aos dominios de Borja, cando tan só se disputaran cinco minutos.
Nas primeiras xornadas este contratempo dilapidaría as opcións da Milagrosa, pero o conxunto dirixido por Miguel Rego nesta ocasión, tirou de madurez. Pajón sacouse da chistera un disparo desde corenta metros co que bateu ao porteiro visitante, asinando o un a un antes de chegar ao descanso.
Xa na segunda parte a choiva concedeu unha tregua, podíase xogar mellor e Yago puxo por diante á Milagrosa cun gol de falta directa. Pouco despois a Yago lle anularon un gol por dubidoso fóra de xogo e o Bergantiños empatou con outro disparo afastado.
Na recta final a moeda caeu cara nun ida e volta no que Yago volveu acudir á súa cita co gol para darlle a vitoria á Milagrosa cun gola a falta de dous minutos tras unha gran xogada individual.

“Hemos sido un equipo y hemos tenido el premio de los tres puntos” MADRILES SCD Milagrosa

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu