Fraxilidade nas áreas

En Liga Galega, Xuvenil

A Residencia segue sen concretar e sen ser contundente

Empate entre Galicia Caranza e Residencia, un resultado que os de Dani Galán deron por bo tras sufrir nos minutos finais, pero durante gran parte do encontro o reparto de puntos final sería recibido como un premio escaso, sobre todo co cero a dous co que se chegou ao descanso.
O vento condicionou o partido. Na primeira parte a Residencia tívoo a favor e dominou a placer. Conscientes de que con balóns longos sería moi complicado os de Dani Galán asociáronse e xeraron claras ocasións de gol.
Veloso e Ander amagaron co cero a un, pero este o asinou García cun disparo desde fóra da área á media hora de xogo. Pouco despois Reigosa aproveitou un balón ao espazo para asinar o seu terceiro gol coa camiseta da Residencia e levar o marcador ata un claro e xusto cero a dous ao descanso.
O Galicia Caranza saltou ao terreo de xogo na segunda parte mentalizados de que, co aire a favor, podían darlle a volta ao marcador. No primeiro cuarto de hora, por empuxe, meteron no seu campo á Residencia, pero á contra os de Galán puideron matar o encontro ao dispoñer dun man a man Ander.
A Resi perdoou a sentenza, e co un a dous local entroulle medo á vez que o Caranza creceuse e empatou o encontro a falta de nove minutos, tempo no que a Residencia dedicouse a salvar o punto nun encontro no que no cómputo xeral mereceu os tres en xogo.

“Estamos perdonando y perdiendo puntos por no matar el partido” DANI GALÁN Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu