Foz, Quiroga e Milagrosa debutaron con senllas vitorias

En Provincial, Xuvenil

VILLALBÉS B, SAN CIPRIÁN, SAGRADO,POLVORÍN, BECERREÁ E SARRIANA  marcan o ritmo das ligas xuvenís situándose na parte alta das clasificacións

Foz, Quiroga e Milagrosa estreáronse nas súas respectivas competicións con bo sabor de boca, saldando con vitorias os seus primeiros encontros.

Grupo Norte

Rácing Villalbés B e San Ciprián foron os únicos equipos capaces de repetir vitoria na segunda xornada de liga. Os chairegos pisaron o acelerador na segunda metade para decantar un partido que chegara con 1-1 ao descanso. Ante o Xove, Borja volveu ser decisivo para o San Ciprián. Saíu desde o banco para anotar, no tempo de desconto, o 1-2 que lle deu os tres puntos ao seu equipo.
O Foz -que descansou na primeira xornada- estreouse con fame de gol, e apenas deu opcións á Pontenova no Municipal. Tamén afinou a puntería o Ribadeo que estreou a conta de goles a favor, con cinco tantos ante o Viveiro CF.

Grupo Centro
Sagrado Corazón e Polvorín FC marcan o ritmo da liga no grupo Centro, con dúas vitorias en dúas xornadas. Un triunfo de novo cómodo para o Sagrado que deixou o partido encarrilado con tres goles nos primeiros dez minutos do encontro. E algo máis traballado para os amarelos que se atoparon cunha Ferroviaria ordenada, capaz de igualarlles as forzaa durante o primeiro tempo. Os de Javi Baamonde tiveron ocasión de poñerse por diante no marcador, cun disparo de Dani que rexeitou You á madeira. Lonxe de ter un premio ao esforzo feito nestes minutos, os da Frigsa viron como, pouco despois, o Polvorín conseguía irse con vantaxe ao descanso, co primeiro gol de Brais. Na segunda metade, os visitantes foron monopolizando o xogo e as ocasións, para pechar o partido con tres tantos máis.
O Castro saboreou a primeira vitoria da competición nesta segunda xornada, na que un bo inicio lle facilitou as cousas ante o Guitiriz.

Grupo Sur

Becerreá e Sarriana encabezan a clasificación despois de repetir vitoria na segunda xornada da competición. Os de Antón impuxéronse a un Monterroso aguerrido que vendeu cara a derrota no debut. Javi marcou as diferenzas para os visitantes ao anotar catro do cinco goles.
Quiroga e Milagrosa estreáronse na liga con triunfos ante Corgo e Palas, respectivamente.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu