Foz e Villalbés B dan a sorpresa da xornada no Grupo Norte cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica, Principal

Adri asinou os tres puntos do Viveiro B

 

POLVORÍN B 0 – VIVEIRO B 1

O Viveiro B sumou a súa segunda vitoria consecutiva tras impoñerse ao Polvorín B cun solitario gol de Adri na primeira parte do encontro.
Os mariñaos levaron o peso do partido dende o inicio, pero a resistencia defensiva dos capitalino smantivo o cero a cero inicial á vez que ían crecendo sobre o terreo de xogo. Con todo, as ocasións máis claras foron para os de Antonio Serrano.
Primeiro foi Ladra o que rozou o cero a un, pero atopouse cunha gran intervención de Paulo, mentres que no último minuto da primeira parte Adri rematou libre de marca un saque de esquina para inaugurar o marcador.
Tralo descanso o Polvorín dispuxo dalgún disparo afastado que non chegou a inquedar demasiado ao meta Dani, mentres que pola súa banda o Viveiro B puido matar o encontro ao dispoñer Jericó da ocasión máis clara, pero o remate do punta celeste non atopou porta.

 


 

O Foz sorprendeu ao Lourenzá e asinou a segunda vitoria do curso

 

LOURENZÁ 1 – FOZ 5

Gran remontada do Foz ante un Lourenzá que incomprensiblemente foise do partido por completo tras inaugurar o marcador aos dous minutos de xogo.
Mario fixo o un a cero nada máis comezar, pero antes do descanso o Foz empatou tras un penalti cometido sobre Víctor.
Xa na segunda metade o Foz volveu a ser máis consistente e con tres contras levou o marcador ata o un a catro.
O Lourenzá seguiu sen aparecer, polo que os de Asier non tiveron apenas complicacións defensivas e incluso ampliaron a diferenza tras un saque de esquina co que rubricaron a súa segunda vitoria da tempada.

 


 

O Ribadeo non pode cun Rácing moi serio

 

RC VILLALBÉS B 1 – RIBADEO 1

Gran partido o disputado na Magdalena no que o Villalbés B minimizou a diferenza que reflicte a clasificación co Ribadeo. Os mariñaos viron que non sería fácil dende o inicio xa que apenas tiveron ocasións, pero na primeira aproximación Iván García fixo o cero a un. Xa na segunda parte cada roubo de balón local traducíase en ocasión, e deste xeito chegou o empate a un por medio de Raúl. Ao final, xusto reparto de puntos na Magdalena.

 


 

Un gran Castro asaltou a Marosa

 

PORTO DE BURELA 0 – CASTRO 3

O Castro volveuse a meter na loita por entrar no Provincial cadete tras impoñerse na Marosa e aproveitar principalmente a derrota do Lourenza.
Ante o Burela os mariñaos estiveron xuntos e ordenados ao comezo, pero a sensación era de que o partido íaselles facer longo ante o potencial físico dos chairegos. Deste xeito o Castro levou o marcador ata o cero a dous ao descanso, e co cero a tres aos dez minutos da segunda quedou visto para sentenza.

 


 

O Xove Lago segue a estela do líder

XOVE LAGO 3 – RESIDENCIA B 1

O Xove Lago camiña firme cara ao Provincial. A Resi B chegaba ao Municipal coa necesidade de sumar para reforzar a súa candidatura ás catro primeiras prazas, pero os de Jose Iravedra apenas lles deron opcións, levando dende o inicio o peso do encontro. A fortuna axudoulles a abrir o marcador, cun gol en propia, pero os locais estaban sendo mellores e chegaron co 3-0 ao 88, cando Rubén marcou de falta o 3-1.

 


 

A Milagrosa segue sendo imparable

 

SAN CIPRIÁN 0 – MILAGROSA 14

A Milagrosa mantén o seu ritmo de crucero no máis alto da clasificación tras sumar por vitorias os sete encontros disputados ata a data nos que asinou 47 goles a favor e tan só encaixou un en contra. Unha media que roza os sete goles por encontro, o que fai desta Milagrosa un claro aspirante ao título Provincial cadete esta tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu