Folla de ruta marcada polo Viveiro xuvenil

En Liga Galega, Principal, Xuvenil

O Viveiro mereceu gañar nun partido no que perdoou na primeira parte e recibiu un castigo excesivo no treito final ao encaixar o empate

O Viveiro tivo que conformarse con parte do botín en xogo a pesar de que os de Antonio Serrano mereceron quedar con todo o premio neste encontro ante o Ural B, no que tan só sufriron un pouco ao comezo de cada parte.
A posta en escena dos herculinos colleu por sorpresa a un Viveiro que aos poucos foi capeando o temporal e a partir do cuarto de hora inicial fíxose co control do partido con claridade.
Macly e Jorge foron os máis incisivos en ataque e repartíronse as mellores ocasións. Ambos dispuxeron dun man a man, Jorge tamén rozou o un a cero cun disparo cruzado, pero o que máis preto estivo de inaugurar o marcador foi Macly cun remate que se estrelou no poste.
Ao final da primeira parte mantíñase o cero a cero inicial, pero o resultado máis xusto sería un dous ou tres a cero para os mariñaos.
O guión llo primeiros corenta e cinco minutos repetiuse na segunda parte aínda que con distinto final. De inicio o Ural B volveu plantarse mellor no terreo de xogo e Rubén tivo que aparecer nesta ocasión cunha boa intervención para evitar o cero a un.
De novo, co paso dos minutos, o Viveiro foi mellor. Xoel Eijo e Juan esixiron unha gran resposta do porteiro visitante, pero este non puido facer nada ante Macly, que asinou o un a cero tras aproveitar un pase ao espazo de Iago.
Cun cuarto de hora por diante o Viveiro armouse en defensa e o Ural B asediou a portería de Rubén con balóns longos ante os que a zaga celeste achicou balóns, ata que a falta de tres minutos, unha acción protestada por fóra de xogo terminou cun remate que desviou Rubén ao poste, pero a fortuna fixo que terminase no fondo da portería para un Ural B que rabuñou parte do botín en xogo en xogo ao final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu