Fin dunha experiencia única e inesquecible para o Rácing Villalbés

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS – RC Villalbés

“Despertámonos do soño da División de Honra. Experiencia inolvidable, a cal disfrutamos ata o asubío final. Para o adestrador, competir nesta categoría co Racing Villalbés é algo inigualable”

RC VILLALBÉS 0 – TSK ROCES 2

A travesía do Rácing Villalbés na máxima categoría do fútbol base nacional chegou ao seu fin. Os de Simón Lamas disputaron o seu último encontro na División de Honra antes de volver á Liga Nacional coa cabeza moi alta logo de ser un equipo competitivo ao longo da tempada ante as mellores canteiras do fútbol español.
O Villalbés tocou o ceo a pasada tempada co histórico ascens, algo que nunca antes conseguira o club chairego e que tan só Calasancio e Lugo lograran no fútbol base lucense. O Rácing, cun equipo da casa, conseguiu o ascender e con iso propiciou os dous primeiros derbis lucenses na máxima categoría ante o Lugo que se resolveron pola mínima.
Polo Roca pasaron os primeiros equipos do Spórting, Oviedo e Santander, e os chairegos visitaron prazas como Mareo, a Albericia ou Requeixón. Óscar Gilsanz ten aos novos Villares e Vérez chamando á porta e como fixo con eles, seguro que lla abre.
Nunha semana na que se volveu a ter máis presente que nunca a Jorge Tato ao cumprirse o seu segundo aniversario, unha vez máis, o Rácing Villalbés ten motivos para estar orgulloso do seu traballo.
Os de Simón Lamas conseguiron que o deportivo nesta crónica quedase nun segundo plano, polo que tan só engadir que o Roces gañou cero a dous na Magdalena nun punto e final do que os racinguistas, como no resto da tempada, saíron coa cabeza moi alta.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu