Fin dun traxecto moi gratificante para o Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Quiero dar las gracias a los chicos, a Diego Mejuto y a la afición por estar todo el año trabajando y apoyándonos”

G. CARANZA 4 – EF POLVORÍN 0

O Polvorín despediuse da máxima categoría do fútbol infantil cunha derrota en Ferrol ante un Galicia Caranza que se xogaba a permanencia, e que a conseguiu no último encontro do curso.
A maior necesidade local de puntuar quedou clara desde os primeiros minutos, nos que os ferroláns saltaron con máxima intensidade ao terreo de xogo. Ao cuarto de hora chegou o un a cero tras unha xogada polémica na que Diego Arias recibiu unha falta que lle obrigou a retirarse lesionado no descanso, pero que o colexiado non sinalou.
Lonxe de deixarse levar o Polvorín quixo despedir da mellor forma a tempada, e os de Caballero, como na maioría dos encontros, foron competitivos malia non ter a recompensa no marcador.
Lucas puido recortar distancias no tramo final da primeira parte, pero nada máis empezar o segundo tempo, o Galicia Caranza puxo terra polo medio con dous goles que levaron o marcador ata o tres a cero.
Na recta final o carrusel de cambios e o inicio da festa pola permanencia local eclipsaron un encontro que terminou con catro a cero, un resultado excesivamente avultado para o que se viu no terreo de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu