Fin de traxecto para un Burela que se volveu quedar ás portas

En Fase de Ascenso, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

OKE – Porto Burela

“Só podo felicitar a todo o equipo pola tempada que realizaron. Noraboa”

PORTO BURELA 0 – AS PONTES 1

Porto de Burela e As Pontes cumpriron co trámite de disputar o encontro de volta da eliminatoria que lles mediu por un posto na Liga Galega xuvenil. Un partido sen nada en xogo tralo sete a cero co que finalizou o encontro de ida no Poblado, no que os mariñaos espertáronse do soño na segunda parte, tras encaixar seis goles.
Á marxe deses corenta e cinco minutos, a tempada dos de Oke foi de sobresaliente. No tramo inicial da competición clasificáronse sen problemas para o Provincial, tras compartir título co Ribadeo nun histórico empate a todo.
Xa na fase decisiva do curso alzáronse co segundo posto no Provincial, co que se gañaron a pulso estar na fase de ascenso.
Tres eliminatorias separábanlles de volver a unha Liga Galega xuvenil que fai máis dunha década que non ten escala na Marosa.
As dúas primeiras eliminatorias, a partido único, superáronse, pero na definitiva, a ida e volta, o As Pontes foi superior.
Con todo visto para sentenza disputáronse os últimos noventa minutos da tempada, nos que se viu un partido igualado na primeira parte, na que non houbo goles e terminou co cero a cero inicial.
Xa na segunda, Jorge estrelou un balón no poste na ocasión máis clara dun Porto de Burela que encaixou o único gol do encontro na recta final do partido.
Ao final, derrota por cero a un ante un As Pontes que será equipo da Liga Galega xuvenil a próxima tempada, mentres que o Porto de Burela intentarao de novo o próximo curso tras pechar un notable curso co único lunar da segunda parte no Poblado.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu