Fin de curso cun punto e seguido para o CD Lugo de División de Honra cadete

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“A pesar de los irregulares  resultados, sacamos muchísimas cosas positivas de este partido y de la temporada en general; el fruto se irá recogiendo en un futuro próximo”

CD LUGO 1 – AROUSA 1

Punto e final á tempada do Lugo, que se converte un curso máis en punto e seguido xa que a División de Honra cadete seguirá facendo parada en Lugo o próximo ano.
Os de Jose Mato saen reforzados como grupo desta campaña, na que tiveron que apelar á forza do colectivo para minimizar as numerosas ausencias que tiveron ao longo da tempada, sobre todo en forma de lesión.
Ante o Arousa quixeron despedir ao grande o curso, e desde os primeiros minutos tomaron as rendas do partido a partir da posesión do balón, xerando dous para un por banda e poñendo centros á área.
Deste xeito chegou o un a cero, ao rematar Yago un centro de volea. Andrés, Damián e Juan Ángel tiveron o dous a cero antes do descanso, pero o Lugo tívose que conformar cunha pequena renda ao final da primeira parte pese a merecer máis, xa que o Arousa apenas saíu do seu campo ata chegar ao descanso.
Os visitantes deron un paso á fronte na segunda parte, e nos primeiros minutos Jony evitou o empate ao deter un man a man. Pouco despois a Andrés se lle anulou un gol por fóra de xogo, pero co carrusel de cambios o Lugo perdeu un pouco o sitio no partido. Pese a iso mantiveron a vantaxe no marcador ata que, no último minuto, o Arousa atopouse co empate a un.
No desconto Yago tivo a última ocasión para darlle os tres puntos ao Lugo, pero o remate do xogador sarriao estrelouse no poste.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu