Fin de curso con premio para o Lugo

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo 

“Rematamos a temporada cun gran partido no que só nos faltou acerto de cara a portería. Orgulloso do traballo e esforzo do equipo durante todo o ano”

AROSA 1 – CD LUGO 1

O Lugo despediu a tempada en Vilagarcía de Arousa, no que posiblemente foi o partido máis completo dos lucenses nesta Copa Galicia infantil.
Os de Brais Prados tiveron o control do partido a partir da posesión do balón. Un guión que non cambiou nin o un a cero aos nove minutos que asinaron os locais, ao transformar un penalti por man do Lugo dentro da área.
A partir de aí os lucenses monopolizaron as ocasións de gol, merecendo con fartura o empate antes de chegar ao descanso, xa que Ayman, cun remate desde dentro da área pequena, Lucas cun balón que lle sacaron sobre a liña de gol, ou Freire con outro remate perigoso, estiveron moi preto do gol.
Malia non ter o premio, o Lugo continuou sendo superior na segunda parte, na que Ayman asinou un golazo. A xogada naceu na defensa e o balón chegou a Marco, que cunha acción marca da casa pola banda, puxo un bo centro que o nove enviou ao fondo das mallas.
Con media hora por diante a batalla librouse no medio campo, lonxe das áreas, nun encontro no que os dous equipos despediron a tempada con bo sabor de boca.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu