Experiencia positiva do Rácing B na Liga Galega xuvenil

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“A falta de actitude pola nosa parte dende os primeiros minutos marcou o transcurso deste partido”

RC VILLALBÉS B 0 – O VAL 4

O Rácing Villalbés B non puido alcanzar o obxectivo da permanencia, que se escapou por pequenos detalles nunha tempada na que os de Iván Lamas foron de menos a máis á vez que se adaptaban á competición, e caeron coa cabeza alta nun partido a cara ou cruz ante o Betanzos no Roca.
Un partido que mereceron gañar, pero no que a fortuna non estivo da súa parte. O un a un final deixou aos chairegos con pé e medio na Liga Provincial, e isto marcou os últimos dous encontros, especialmente este último no que os chairegos, sen a motivación necesaria, deixáronse levar e encaixaron un claro cero a catro ante O Val.
Pese ao descenso, o groso deste equipo demostrou que está capacitado para competir a próxima tempada na Liga Nacional, polo que no capítulo da formación o obxectivo cumpriuse.
Ante o Val a falta de intensidade marcou o encontro desde os primeiros minutos, nos que os visitantes mostráronse superiores e levaron o marcador ata o cero a tres co que finalizou a primeira parte.
Na segunda o Rácing Villalbés B intentou recuperar o tempo perdido, pero malia mellorar, co cero a catro o encontro quedou deslucido completamente.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu